Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

domingo, 22 de noviembre de 2009

DÍA DA MÚSICA


Este ano decidimos festexar o Día da Música, Santa Icía, a patroa da música e dos músicos. O centro participou creando varias exposicións, unha de Lecturas Musicais na biblioteca e outra de Instrumentos Musicais no salón de actos. A festa comezou o xoves coas exposicións,e o visionado da película Fantasía, pola tarde. Na xornada do venres pola mañá visitounos o Cé Orquestra, un home orquestra co cal bailamos e cantamos: sereiña, sereiña do mar, vente comigo para ......

viernes, 20 de noviembre de 2009

FELICIDADES SAMUEL

Samuel, xa chegaron os cinco anos!, a gozar deles, e sobre todo a disfrutar o máximo posible. Todos, os nenos e nenas de cinco anos e os profes, che desexamos un feliz cumpreanos.

Día Universal do Neno


O 20 de novembro celebramos o Día Universal do neno. Esta data recórdanos que os nenos e as nenas non somentes son seres fráxiles que necesitan protección, senón que, son persoas con dereitos, dereito a ser educado, ao coidado, a protección.... Un neno é unha persoa que ten dereito a divertirse, a aprender e a expresarse. Adxuntamos unha viñeta de Quinto, onde Mafalda revindica os dereitos de todos os nenos e nenas.

lunes, 16 de noviembre de 2009

TALLER DE ASTRONOMÍA


Como xa sabedes, estamos a desenvolver o noso proxecto "Unha viaxe polo espazo", e para coñecer máis en profundidade ao Sol e aos planetas, visitounos Ana Ulla, presidenta da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura, quen nos presentou un power point, "O sol e a súa familia" con información e imaxes moi interesantes. A maiores, e grazas ao Mago Merlín, fío condutor da historia, foinos presentando cada un dos planetas, e contando as súas curiosidades. Despois deste pequeno visionado, realizamos dúas actividades que nos encantaron. A primeira era poder ver de cerca un planetario, e poder observar o movemento planetario; e a segunda foi facer cráteres, como os da lúa. Para iso, precisamos fariña, colacao, e laca, e sobre todo uns meteoritos (pedriñas pequenas). Despois, e dado que estivemos moi atentos, Ana otorgounos a cada un de nós un diploma de astrónomo.

viernes, 13 de noviembre de 2009

Celebramos o Magosto


O venres 13 de novembro, todos e todas, celebramos a festa das castañas: o Magosto. Para iso, degustamos unha morea de castañas e xogamos un chisquiños cos compañeiros. Nesta ocasión, e por mor do mal tempo, tivemos que festexar este Magosto dentro do patio do colexio. Adxuntamos unhas imaxes da nosa festa.





lunes, 2 de noviembre de 2009

O TEMPO DO MES DE OUTUBRO

Na nosa aula temos unha rutina diaria relacionada co día e coa metereoloxía propia do mes no que nos atopemos. Así, cada día, imos completando con números o mes, co seu apunte climatolóxico. Cando remata ese mes, como no caso de outubro,analizamos cantos días estiveron con sol, sol con nubes, choiva e nuboso. Presentámosvos o exemplo do mes de outubro, a través do cal, vos poderedes fixar en que non todos fan a mesma interpretación do tempo de cada un dos días.

domingo, 1 de noviembre de 2009

UN VAMPIRO DIVERTIDO

Co motivo da festa do Samaín, e dado que estabamos a celebrar unha semana moi, pero que moi monstruosa, decidimos confeccionar uns vampiros moi divertidos e moi sinxeloss. Para poder realizalos só necesitabamos:



Unha culler de pao
Témpera branca
Cartolina negra de cores variadas
Pegamento
Ollos móbiles



Agora estes divertidos vampiros xa están a formar parte das nosas vidas diarias.




AS NOSAS CABAZAS

Este venres celebramos a festa do Samaín ou Halloween, e todos participamos no concurso das cabazas, cada quen preparou a súa cabaza como quixo e sempre coa axuda imprescindibles dos papás, mamás, avós, avós .... .
Poderedes ver na seguinte presentación as nosas cabazas, cabazas monstruosas e que dan moito medo, pero tamén apareceron bruxas, paiasos, un sheriff, unha bolboreta, Spidermans, Kitty, varios Batmans, un tigre, un barco chamado Os Pícaros, sónabamos de algo?, o Planeta Saturno, ...... aquí volas presentamos.


Grazas a todos e a todas por participar tan activamente desta actividade, e sobre todo moitas felicidades ao noso gañador........


Agora ben, todos gañamos e....
TODOS RECIBIMOS AGASALLOS



A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS