Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

martes, 29 de diciembre de 2009

FESTIVAL DE NADAL

O luns 22 de decembro celebramos o Festival de Nadal, coa actuación de "O Calendario do 2010", no cal representamos un dos papeis máis importantes ata o momento. Deleitádevos todos/as cunha morea de imaxes desa tarde.


miércoles, 23 de diciembre de 2009

A NOSA FELICITACIÓN DE NADAL

Como todos os anos por estas datas, os picariños felicitamos estas festas cunha tarxeta moi espcial. Aí vos vai un exemplo.


martes, 22 de diciembre de 2009

TERCER PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA


Os Picariños estamos de noraboa, xa que vimos de acadar o terceiro premio de innovación educativa, publicado no DOGA do 18 de decembro. O traballo premiado titúlase Pequenos/as científicos/as na cociña e foi desenvolvido de xeito simultáneo en tres centros de Galicia: un centro da nosa comarca o CEIP Nosa Señora das Dores, outro en Arca do Pino (desenvolto pola mestra Beatriz Vives Campos, CPI Camiño de Santiago) e un terceiro en Noia (Desenvolto pola mestra Vanessa Quintián Agrafojo, CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso).
Esta proposta diddáctica levaouse a cabo no curso pasado cos cativos e cativas de 4 e 5 anos. Con ela pretendiamos achegar os alumnos e alumnas á ciencia, e brindarlles a oportunidade de xogar e asombrarse cos obxectos da vida cotiá. O traballo está composto por un receitario, no cal aparecen todas e cada unha das experiencias desenvoltas, e tamén un libro de científicos famosos, onde os cativos caricaturizaron e recolleron os aspectos máis descables de figuras como Einstein, Pasteur, Marie Curie...... .
Grazas a todos e a todas, papás, mamás, avós, avoas... polo voso interese e pola vosa constancia, e sobre todo grazas a Ana, Hugo, Fátima, Teba, Rubén, Mirian, Jesús, Rocío, Candela, Inés, Diana, Santi, Brais e Adrián Soto, xa que vós sodes os verdadeiros protagonistas desta historia.

lunes, 21 de diciembre de 2009

DENDE O POLO NORTE ATA FORCAREI


Hoxe no CEIP Nosa Señora das Dores, recibimos unha visita moi, pero que moi especial, Santa Claus, Papá Noel, ou como queirades chamarlle, chegou ao noso colexio cargado de chuches, co que nos gustan a nós!!!!. Todos quedamos abraiados e sobre todo sorprendidos por esa inesperada visita. Como podedes ver, o profe Javi, intentou colarse, pero Papá Noel douse conta, e non lle dou ningunha chuche.


FACEMOS O NOSO BELÉN


Durante este primeiro trimestre traballamos a reo, tanto é así, que incluso na clase de Relixión coa profe Marta tivemos tempo para confeccionar o noso propio Belén,o Belén de Cinco anos, do cal todos e todas estamos moi orgullosos. Está exposto no salón de actos, e supoño que todos e todas o pudéstedes ver, e senón ai vos vai unha mostra.


FELICIDADES LORENA


Xa está aquí, xa chegou, por fin o último día de clase, pero con moitas e moitas sorpresas. Unha delas foi o cumpreanos de Lorena, xa ten cinco anos, e tróuxonos a nosa torta preferida, que ben!, yupiiiiiii!

MOITAS FELICIDADES LORENA

viernes, 18 de diciembre de 2009

FELICIDADES IVÁN


Xa quedan menos, agora tocoulle a Iván, quen este venres cumpriu cinco anos, agora si que é maior, xa non é o pequeno.

MOITAS FELICIDADES IVÁN


jueves, 10 de diciembre de 2009

CRISTIAN MAGIC, MAGIC, MAGIC


Nunca víramos cousa igual, mesas voando, dados que desaparecen, discos que cambian de cor...... ao noso cole chegara un mago, e converteu en magos a varios dos nosos amigos e amigas: Sabela, Inés, Uxía, David, ...... O Mago Cristian presentounos na última hora da tarde unha cantidade de trucos que nos deixaron totalmente abraiados e fascinados.


CONTOS PARA FALAR

Gracias ao Concello, a editorial Rodeira e ao servizo de Dinamización Lingüística disfrutamos dunha sesión de Contos cantados. Durante un intre, todos nós viaxamos nun vello tren, nun chimpín... todos eles con moitos sons e moi divertidos. Para pechar esta sesión agasalláronnos cun conto (¡¡¡Lume!!! da editorial Edebé-Rodeira) e cun CD coas cancións(recollidas no cd Contos para Falar da Editorial Rodeira dentro do Porgrama de Dinamización Lingüística Bocaberta) que cantamos para poder escoitalas sempre que queiramos, ai vos van, e a cantar amiguiños .....

FELICIDADES EVA


Só quedan dous cativos con 4 anos, a última en cumprir ata o momento foi Eva, quen hoxe cumpriu cinco anos, agasallounos cunha rica rosca e un caramelos deliciosos.

MOITAS FELICIDADES


jueves, 3 de diciembre de 2009

CALENDARIO DE ADVENTO


Este mes temos unha rutina máis, O Calendario de Advento. Para iso, todos os días abrimos a portiña do día correspondente, e comemos a lambetada que nos toca. Pouco a pouco, estamos a confeccionar o noso propio Calendario de Advento, adornando cada día ao noso gusto. En breve volo ensinaremos, mentres deleitádevos con esta árbore-calendario tan fermoso.

martes, 1 de diciembre de 2009

O NADAL XA COMEZOU!!!


O Nadal xa comezou!!!, e con el os adornos, agasallos, o turrón, o mazapán, os Reis Magos, Papá Noel.... Xa falta moito menos para escomezar un novo ano cheo de moitas e grandes sorpresas. E mentres nós, comezamos cos preparativos para o Festival, os ensaios, e sobre todo os nervios. Para pasar mellor estes días escoitamos estas panxoliñas.







A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS