Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

martes, 28 de diciembre de 2010

3º PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA 2010


Un ano máis, os picariños estamos moi contentos, xa que vimos de acadar o terceiro premio á innovación educativa na Modalidade B: Introdución das competencias na aula dixital na categoría de educación infantil/ primaria, co traballo que desenvolvemos no curso pasado Entramos en erupción!!! con 21 picariños de 5 anos (agora na 1º Educación Primaria). Dita resolución atópase publicada no DOGA do 28 de Decembro.

Simplemente felicitar a todos, aos nenos polo traballo desenvolto, ás familias pola colaboración tanto de material, pola boa disposicións, pola colaboración na confeccicón dos volcáns, e ao equipo directivo por permitirme e apoiarme un ano máis a desenvolver a miña labor como mestra.

PARABÉN PARA TODOS E TODAS


miércoles, 22 de diciembre de 2010

FESTIVAL DE NADAL

E xa por fin, despois de tantos e tantos preparativos chegou o gran día: o Festival de Nadal. Todos estabamos moi nerviosos, xa que era a primeira vez que iamos actuar ante tanta xente, e sobre todo ante os noso papis e as nosas mamis. A nosa actuación titulámola "Mira quen baila" e fixémola de forma conxunta cos nenos e nenas de 5 anos tendo como base melódica "Con te partiro" de Andrea Bocelli.

lunes, 20 de diciembre de 2010

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Este luns tivemos unha visita moi especial para todos nós, pero sobre todo para os máis pequenos. Quedaron abraiados, chocados cando viron entrar a Papá Noel cun gran saca vermello cheo de....... lambonadas.

viernes, 17 de diciembre de 2010

ANIVERSARIO DE CARLA E ALICIA

Nesta ocasión o aniversario foi doble, Carla e Alicia, as máis pequenas xa cumpriron os tres anos, agora si que xa somos todos maiores, xa que todos temos tres anos.


PARABÉNS CARLA E ALICIA



miércoles, 1 de diciembre de 2010

COMO É A NEVE?


Xa comezaron as primeiras nevadas en Forcarei(imaxe extraída da páxina do Concello ), e con elas os bonecos de neve, e sobre todo, a ilusión dos cativos de tocala, ulila, comela....... Pois ben, hoxe pola mañá cando chegamos ao colexio aínda quedaba algún anaquiño de neve no noso patio, asi que decidimos collelos e explorar as súas propiedades. Levamos algunha sorpresa, xa que a neve durou pouco tempo nas nosas mans!





martes, 30 de noviembre de 2010

ANIVERSARIO DE MANUEL

O noso pícaro Manuel estivo de aniversario e compartiu con todos nós un gran doce cunha vela co número 3 e uns adornos que chamaron moito a atención dos nosos cativos.

PARABÉNS MANUEL



jueves, 18 de noviembre de 2010

FESTEXAMOS O MAGOSTO


Tanta escoitar falar de castañas, de exposicións de froitos do outono, pero que será o Magosto. O xoves 18 de novembro toca explicar que a castaña en Galicia é un alimento tan importante que se lle adica unha festa: a festa das castañas, o Magosto. Durante esta xornada pintamos castañas, confeccionamos unhas coroas alusivas e xogamos coas castañas. Aqui ten des unha selección das imaxes máis divertidas.

viernes, 12 de noviembre de 2010

A SEMANA DO HALLOWEEN

A última semana do mes de outubro estivemos a facer varias actividades relacionadas co Halloween: pintamos cabazas, compuxemos os nosos monstros, fixemos morcegos, bailamos, cantamos........ ;agora ben, a actividade que máis expectación tivo, e que máis nos gustou, foi sen lugar a dúbidas, TRUCO OU TRATO?. Seguindo un costume inglés fomos polas clases pedindo truco ou trato. O primeiro era un bo susto, ou iso pretendiamos, e o segundo eran lambonadas. Tivemos moita sorte, porque enchemos a nosa cabaza moi rápido.
A confección da cabaza tamén foi outra actividade divertida, non sei se para os/as nenos/as ou para as familias, que anécdotas hai de todo tipo, verdade?. Destacar a labor que realizaron as nosas familias, tanto, tanto se esmeraron que dous pequenos de tres anos, María e Rubén, acadaron o terceiro e primeiro posto na categoría infantil no Concurso de Cabazas.
Se queredes ver algo máis desta monstruosa, pero sempre divertida semana premede no seguinte video.


OS MONSTROS NA NOSA AULA

Co motivo do Halloween estivemos lendo varios contos, nos que aparecían moitos monstruítos moi divertidos. Tanto, tanto nos gustaron os monstros que decidimos facer cada un a súa propia cara monstruosa, e para iso, utilizamos ao noso amigo Frankenstein e fomos poñéndolle ollos, bocas, narices... Como podedes ver, cada un elaborou a mellor, ou peor cara.

domingo, 24 de octubre de 2010

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Estes preparativos terán o seu fin o venres 29 de outubro, xa que ese día celebraremos o concurso de cabazas, que organiza a nosa "teacher" María. Por iso, queremos recordarvos que non vos esquezades de preparar cos vosos cativos e cativas, a cabaza máis monstruosa que nunca tiveramos visto.
Podedes ver as cabazas doutros anos premendo na seguinte imaxe.Mentres non chega o venres, podemos gozar nas nosas casas e na clase cos seguintes xogos online. A disfrutar!!!!


























XA CHEGA O SAMAÍN!!!

Durante esta semana celebraremos no noso colexio a semana do Samaín ou Halloween (galowin, como din os nosos pequenos) e por iso, dende a semana pasada empezamos cos preparativos.
Contamos o conto de Corre, Corre Cabaciña da Editorial OQO e cantamos a canción de Almudena Janeiro. Este conto estanos a gustar tanto, tanto, que queremos contalo todos os días, e ás veces o repetimos varias veces na xornada.


Unha vez lido este conto, fixemos a nosa primeira asemblea sobre as cabazas, e que credes que pensan os cativos delas?, queredes sabelo?. Pois ben, cren que as cabazas nacen no cole, aínda que Manuel apuntou que podían nacer na feira, cren que non poden comerse, todos me aseguraron que dentro das cabazas había veneno, ... como podedes ver temos ideas de todo tipo.
Como nos gustaron tanto as cabazas decidimos pintar unha, e para iso, utilizamos por primeira vez o pincel, e fíxadesvos ben, estes picariños apuntan maneiras, xa son todos uns expertos co pincel!!!!!















OS NOSOS LOGROS

Xa vai alá un mes dende que comezamos o colexio, e os picariños ademais de estar adaptados ao novo centro, xa sabemos facer moitas cousas. Poñemos e sacamos os mandilóns, pasamos lista, facemos actividades impresas, pintamos, xogamos na cocinita, cos pinchos, cos contos, coa plasti... Esta última encántanos, por iso sempre imos cheos de plasti na cara, nas uñas, no pelo e sobre todo, nos zapatos. Temos que contarvos que algún dos picariños xa a probou, pero creo que non lle gustou moito. O tempo chegou para todo e algún decidiu aproveitar para durmir un anaquiño.
Para que poidades ver o contentos que nos atopamos amosámosvos unha chea de imaxes que pretenden rescatar momentos inesquecibles vividos dentro da aula.















miércoles, 29 de septiembre de 2010

CAMBIAMOS DE HORARIO


Boas familias, quería informarvos que dende este venres día 1 de outubro comezaremos o novo horario, que manteremos ata o mes de maio, correspondéndose co seguinte:

TODOS OS VENRES

Entrada ás 9.40 e Saída ás 13.05

DE LUNS A XOVES

Entrada ás 9.40 e Saída ás 16.30


Todos os días da semana teremos o servizo de comedor dende ás 13.05 ata as 13.45 (aproximadamente).Toda esta información a podedes atopar no tríptico que se vos enviou hoxe polos cativos e cativas.


A maiores comentar que a partires da próxima semana cambiamos o día de Psicomotricidade pasando este aos mércores, polo que ese día traerán roupa cómoda, recomendable o chandal e as zapatillas.

miércoles, 15 de septiembre de 2010

COMEMOS NO COMEDOR


Terceiro día e terceiro reto: o comedor. Durante estes dous días non comeramos no colexio, asi que hoxe estivemos falando durante toda a mañá do menú do día (ensalada rusa e lomo con patatas) Cando chegou o momento preparámonos e fomos cara o comedor. Era un lugar novidoso para eles. Algún xa estaba a comer pan antes de que chegara a ensaladilla rusa. Sen lugar a dúbidas, o alimento que máis gustou foi o PAN. E cando o remataron pedían máis e máis. Comeron todos agás o melón que non os convenceu moito.
A xornada xa se facía moi longa, e algunha non foi capaz de esperar a saída e xa comezou cunha sestiña antes de marchar.













A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS