Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

miércoles, 3 de febrero de 2010

OS PICARIÑOS QUEREMOS Á PAZ


O venres 29 de xaneiro celebramos o Día da Paz e non violencia no noso colexio.Este ano os Picariños quixemos celebrar este día con dúas actividades. A primeira realizámola o xoves desa semana e foi a confección dun caligrama partindo de palabras que lles fomos roubando aos profes e aos nosos compañeiros. Os cativos e cativas sairon aos patios atavíados cun lápis e papel e trouxeron moitas palabras. Das moitas que tiñan, escollían unha que despois plasmaron neste caligrama.

A maiores e dado que estamos a traballar ao longo deste trimestre coa arte, e en concreto con Picasso, unha das figuras máis representativas do cubismo decidimos reproducir unha das pobras de Picasso: Guernica e reconvertila nun cadro moito máis vivo e cheo de cores.Estará exposto no panel de fóra da clase.

A maiores, o venres festexamos a Paz cantando e confeccionando unha pequena paloma a modo de chapa, pin. Foi un día diferente, onde quixemos destacar valores tan importantes nas nosas vidas como amizade, compañeirismo, tolerancia, cooperación..... .

No hay comentarios:

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS