Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

miércoles, 10 de febrero de 2010

VISITA DUN XENERAL DO ULLA


Na tarde do mércores 10 de febreiro recibimos, no CEIP Nosa Señora das Dores, unha visita moi especial, un xeneral do Ulla. Ao longo dunha hora este personaxe tan característico do Entroido do Ulla contounos e explicounos como van vestidos e porqué, o prezo da súa indumentaria, como celebran os entroidos na súa parroquia, e tamén nos amosou un vídeo dun Atranque de Xenerais.
E como non podía ser menos, os nenos e nenas de 6º de Primaria fixeron un Atranque moi especial, adicado con moito agarimo a todos/as os mestres do colexio.
Moitas grazas a todos, e que vivan os Carnavais!!!


No hay comentarios:

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS