Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

viernes, 12 de noviembre de 2010

A SEMANA DO HALLOWEEN

A última semana do mes de outubro estivemos a facer varias actividades relacionadas co Halloween: pintamos cabazas, compuxemos os nosos monstros, fixemos morcegos, bailamos, cantamos........ ;agora ben, a actividade que máis expectación tivo, e que máis nos gustou, foi sen lugar a dúbidas, TRUCO OU TRATO?. Seguindo un costume inglés fomos polas clases pedindo truco ou trato. O primeiro era un bo susto, ou iso pretendiamos, e o segundo eran lambonadas. Tivemos moita sorte, porque enchemos a nosa cabaza moi rápido.
A confección da cabaza tamén foi outra actividade divertida, non sei se para os/as nenos/as ou para as familias, que anécdotas hai de todo tipo, verdade?. Destacar a labor que realizaron as nosas familias, tanto, tanto se esmeraron que dous pequenos de tres anos, María e Rubén, acadaron o terceiro e primeiro posto na categoría infantil no Concurso de Cabazas.
Se queredes ver algo máis desta monstruosa, pero sempre divertida semana premede no seguinte video.


4 comentarios:

Vanessa dijo...

Despois duns días tentando subir este video resumo, por fin se fixo a luz. Espero que vos guste, tanto a grandes coma a pequenos.

María dijo...

Moitas grazas unha vez máis por permitirnos ver as actividades que fan os cativos. Tendes moitas cabazas e moi bonitas. Encántame a foto a escuras, coas luces, aínda que seguro que algunha que eu sei se asustaría un chisco. Un saúdo.

Belén dijo...

Ola Vanessa, son a mami de María e quería darche as grazas por todo o que traballas con estes picariños" e tamén dicir que chegou moi contenta co premio do Halloween. A verdade é que había unhas cabazas moi bonitas este ano. Saudiños!

Belén dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS