Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

viernes, 29 de enero de 2010

FELICIDADES ADRIÁN E PAULA PIÑEIRO


Comezamos o ano e con el os novos cumpres. Nesta ocasión tocoulles aos nenos e nenas que cumpren no mes de xaneiro: Paula Piñeiro e Adrián Mariño.

MOITAS FELICIDADES PICARIÑOS, XA TEDES 6 ANOS!!!!!


lunes, 25 de enero de 2010

VISITAMOS Á EXPOSICIÓN FAUNA ALADA


O luns 25 de xaneiro os nenos de Infantil xunto cos seus compañeiros de 1º Educación Primaria visitamos a exposición de Caixa Galicia titulada: Fauna Alada, na Estrada. Da mans de Manu, o noso guía, descubrimos algunhas curiosidades de animais como os morcegos, abellas, garzas.... Aquí podedes ver algunha das imaxes desa mañá.


viernes, 22 de enero de 2010

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA VIAXE



Unha das actividades deste segundo e terceiro trimestre será A Mochila Viaxeira.Esta Mochila Viaxará polas casas de todos os Picariños e levará durante unha semana diferentes libros e revistas. Destacar a inclusión dun libro de manualidades, para que entre todos poñades a funcionar o voso inxenio. Estaremos desexando ver pronto as vosas propostas, seguramente que moi inxeniosas. Ánimo familias e mans á obra!!!!.

jueves, 14 de enero de 2010

REUNIÓN INFORMATIVA


A continuación presento a información relacionada coa reunión que tivo lugar hoxe, xoves 14 de xaneiro. Adxunto esta presentación para que todos aqueles/as que non puidéstedes asistir poidades coñecer as novidades e actividades do trimestre.



lunes, 11 de enero de 2010

ACHEGÁMONOS A ARTE DA MAN DE... PICASSO


Este segundo trimestre que está a piques de comezar, sempre que a neve nos deixe, achegarémonos á arte da man dun dos mellores artistas do Século XX: PABLO RUÍZ PICASSO, e sobre todo un dos mellores representantes do Cubismo, movemento artístico de comezos do século XX. Durante este meses profundizaremos na súa vida, averiguando aspectos familiares: quen era súa nai, seu pai, súa irmá..., a data e lugar de nacemento, onde desenvolveu a súa obra, as fases ou etapas polas que foi pasando, pero sobre todo, penetraremos na súa obra e examinaremos as obras máis representativas.



Aquí tendes algo sobre este gran pintor e escultor.




domingo, 10 de enero de 2010

E SIGUE, E SIGUE A NEVAR



Somentes queda un día e os Picariños están a gozar cos agasallos dos Reis Magos, e cun agasallo da natureza: a neve. Aí tedes unhas vistas de Forcarei, propias do inverno.





lunes, 4 de enero de 2010

XA ESTÁN CHEGANDO


Picariños, preparádevos, que xa están chegando o Reis Magos, e como fóstedes moi bos, seguro que vos traerán regalos, ou queriades carbón?. Gozade dos agasallos das Súas Maxestades e feliz día a todos/as.


Idea extraída do Blog Pequerrechosdebea

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS