Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

viernes, 12 de febrero de 2010

XA CHEGOU O GRAN DÍA


Por fin chegou!!!. Xa chegara o día máis esperado para todos, poderiamos lucir moi contentos e orgullosos os noso traxes, a nosa vestimenta, e sobre todo, poderiamos recorrer as rúas de Forcarei como verdadeiros pintores, coa paleta e con pincel na man, creo que esto foi o que máis nos gustou. Estabamos moi guapos, e non eramos os únicos, os nosos compis de Infantil (Paiasos) e Primaria (peregrinos, abellas, lápis de cores e pantallas)tamén.

















































Ben ataviados, subimos ata a praza do Concello, onde ademais de ollar cara as mamás, papás, avós, avoas.... e sacar a foto de grupo, tamén vimos a actuación dun Mago, e degustamos un anaquiño de rosca cun quentiño chocolate, creo que foi o que máis nos gustou, e do cal repetimos, repetimos, repetimos.....


miércoles, 10 de febrero de 2010

VISITA DUN XENERAL DO ULLA


Na tarde do mércores 10 de febreiro recibimos, no CEIP Nosa Señora das Dores, unha visita moi especial, un xeneral do Ulla. Ao longo dunha hora este personaxe tan característico do Entroido do Ulla contounos e explicounos como van vestidos e porqué, o prezo da súa indumentaria, como celebran os entroidos na súa parroquia, e tamén nos amosou un vídeo dun Atranque de Xenerais.
E como non podía ser menos, os nenos e nenas de 6º de Primaria fixeron un Atranque moi especial, adicado con moito agarimo a todos/as os mestres do colexio.
Moitas grazas a todos, e que vivan os Carnavais!!!


martes, 9 de febrero de 2010

AI VEN O ENTROIDO


O Entroido comeza!!!. O Meco e maila Meca acaban de acomodarse nun dos bancos do salón coa intención de botar alí arredor dunha semana. Ao longo da mesma, estarán ollando cara todos nós coa intención de levarnos ao pote senón cumprimos as súas ordes.

Os Picariños non fomos ao pote. Eiquí algunha das imaxes dos nosos pequenos.

jueves, 4 de febrero de 2010

FELICIDADES ROSANA E DAVID

Xa estamos no mes de febreiro e con el chegan os aniversarios de dous nenos. Nesta ocasión son Rosana e máis David quenes cumpren 6 anos.

FELICIDADES PARA OS DOUS!!!




miércoles, 3 de febrero de 2010

OS PICARIÑOS QUEREMOS Á PAZ


O venres 29 de xaneiro celebramos o Día da Paz e non violencia no noso colexio.Este ano os Picariños quixemos celebrar este día con dúas actividades. A primeira realizámola o xoves desa semana e foi a confección dun caligrama partindo de palabras que lles fomos roubando aos profes e aos nosos compañeiros. Os cativos e cativas sairon aos patios atavíados cun lápis e papel e trouxeron moitas palabras. Das moitas que tiñan, escollían unha que despois plasmaron neste caligrama.

A maiores e dado que estamos a traballar ao longo deste trimestre coa arte, e en concreto con Picasso, unha das figuras máis representativas do cubismo decidimos reproducir unha das pobras de Picasso: Guernica e reconvertila nun cadro moito máis vivo e cheo de cores.Estará exposto no panel de fóra da clase.

A maiores, o venres festexamos a Paz cantando e confeccionando unha pequena paloma a modo de chapa, pin. Foi un día diferente, onde quixemos destacar valores tan importantes nas nosas vidas como amizade, compañeirismo, tolerancia, cooperación..... .

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS