Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

viernes, 19 de marzo de 2010

FELICIDADES PAPÁS


Xa chegou ese día tan esperado polos Picariños. Ao longo desta semana estiveron a contar os días que faltaban para poder darlle o agasallo que lle fixeran ao seus papás. Durante a semana fixeron moitos e moitos debuxos, moi variados para esas persoas tan importantes para eles: os seus papás. O primeiro que vístedes onte foi o sobre cheo de corazóns e cunha dedicatoria especial: FELICIDADES PAPÁ, con el queriamos evitar que os papis máis curiosos puideran descubrir a sorpresa.




E supoño que hoxe xa vos deron ese sobre para ensinarvos o seu regalo. Dentro dese gran sobre ía unha tarxeta de felicitación que cadaquen decorou e escribiu e o marco-oso totalmente persoanlizado para vós papis.






















viernes, 12 de marzo de 2010

MONCHO E A MANCHA


Ao longo deste proxecto de arte tamén utilizamos os contos como ferramentas de grande utilidade dentro da aula. Nesta ocasión servímonos de Moncho e a Mancha de Kiko da Silva. Trala lectura do conto, cada neno tivo que confeccionar unha mancha e convertila no que cada quen quixera, utilizando as tesoiras e outros materiais que lles permitisen ilustrar aos personaxes e aos obxectos que descubriron tras mirar e mirar as súas manchas. Aquí tendes algúns exemplos.

QUERES XOGAR?


Durante este mes de Marzo estamos a traballar no noso Alfabeto Urbano, alfabeto que confeccionamos coa axuda de todos os papás e as mamás dos nosos Picariños. Eles estiveron a traer fotografías onde podemos atopar letras. Que ben nolo pasamos buscando as nosas letras, as nosas iniciais, as do encargado/a, a da profe, e inlcuso empezamos a compoñer palabras con elas, que divertido!!!


A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS