Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

jueves, 20 de mayo de 2010

DEBUXANDO VOLCÁNS


Dende o primeiro momento que comezamos a traballar con esta temática os cativos comezaron a debuxar e debuxar, e debuxar volcáns e máis volcáns aquí tendes algúns deles.

ONDE SE ATOPA O VOLCÁN EIJAFJALLA?


Tamén indagamos sobre a localización de Islandia, país europeo onde podemos atopar moitos volcáns, entre eles este deste nome tan raro: Eijafjalla; para iso utilizamos un mapa mudo no cal sinalamos Islandia e Forcarei.

OS VOLCÁNS


Ao longo deste segundo trimestre e tralo interese dos cativos e cativas de cinco anos polos volcáns, o volcán islandés Eijafjalla está a eurupcionar, estamos a indagar sobre esta temática. Xa sabemos cousiñas dos volcáns, e sobre todo do volcán Eijafjalla, que nome tan raro e tan complicado!. Para acercarnos a este fenómeno comezamos coas noticias publicadas no mes de abril e algunha deste mes de maio. Unha das primeiras actividades que fixemos foi a de escribirlle un titular a unha das noticias publicadas na prensa. Os titulares foron os seguintes: El volcán Eijafjalla erupociona de nuevo, El volcán eurpciona, El volcán echa ceniza, Eijafjalla está en erupción, El volcán se despierta, El volcán Eijafjalla está erupcionando, El volcán en erupción, El volcán que no se puede dormir, Elvolcán echa lava, El volcán Eijafjalla erupciona de nuevo.... entre outros


jueves, 13 de mayo de 2010

TEATRO EN PONTEVEDRA


Como xa vos anunciaramos, e xa sen imprevistos, durante a mañá de hoxe estivemos en Pontevedra gozando coa obra de teatro " El gusano que quería volar", na cal se contaba a historia de Gordito un verme de seda, quen sen saber que vai ter unhas ás dentro de pouco, contempla prendado a fermosa bolboreta que bebe nas flores, á simpática mariquita Lola que canta e baila flamenco, a sabia cigarra que está aprendendo a tocar a guitarra, o escarabello coas súas grandes cacas e as duas ourugas con ouriguín, o seu pequeno.


miércoles, 12 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 2010


As Letras Galegas están a piques de chegar, e por ese motivo os nenos e nenas de Infantil decidimos xogar coas actividades LIM que prepararon os do CEIP Frián de Teis, feito que lle agradecemos de xeito especial, xa que nos permitiron pasar unha tarde aprendendo algo máis sobre Uxío Novoneyra, personaxe ao cal se lle adican as Letras este ano. Uxío Novoneyra foi un poeta do Courel, un dos poucos poetas galegos que se dedicou a literatura infantil, tendo tres títulos publicados. Nós escollemos o de "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" a través do cal puidemos viaxar xunto coa princesa Ilda a unha torre do Courel, onde vivían engaiolados un lobo, corzo e xabarín que conseguen saír e voltar a ser libres para poder vivir nos montes galegos.
















Dende aquí poderedes acceder as acitividades LIM do CEIP de Frián- Teis

jueves, 6 de mayo de 2010

CORRELINGUA 2010

Os nenos de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos) xunto cos nenos de 1º e 3º de Educación Primaria estivemos este xoves na Estrada celebrando o Correlingua 2010 (marcha en defensa do galego).

domingo, 2 de mayo de 2010

AGASALLO PARA AS NOSAS MAMÁS

Ao longo desta semana estivemos confeccionando o agasallo para as nosas mamás. Nesta ocasión decidimos facerlle unha pulseira con boliñas de cores e unha postal en forma de corazón, na que cada cativo/a escribiui e decorou ao seu gusto. Esperamos que vos guste o agasallo.




2 DE MAIO: DÍA DA NAI


ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS