Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

jueves, 24 de junio de 2010

SAÍDA A VIGO


O luns 14 de Xuño fixemos unha saída moi especial para os cativos e cativas, xa que por primeira vez durante todo este curso, iamos de excursión, comemos fóra do cole, vimos animais moi curiosos e gozamos un anaquiño pequeniño (así dicían eles) da praia de Samil. Esa mañá todos estaban e estabamo moi nervosos, así que xuntamos as merendas, e puxémonos rumbo a Vigo. Na metade do camiño xa comezaron a preguntar falta moito? chegamos?, o camiño de ida pareceulle unha eternidade, fíxoselle larguísimo, así fooi que cando chegamos todos se puxeron a saltar e aplaudir.

O primeiro lugar que visitamos foi o Zoo A Madroa de Vigo. Aquí tedes un plano do que podedes atopar alí.

Entramos, e apareceu unha monitora que nos explicou as normas de comportamento dentro do zoo (non gritar, nin correr, non tirarlle comida aos animais....). Unha vez claro este aspecto, comezou a nosa visita. A primeira parada foi onda as tortugas e así puidemos coñecer moitas cousiñas delas, pero sobre todo puidemos ver por primeira vez para todos, unha tortuga caimán.





Durante a visita polo zoo estivemos a ver diversos animais como xabaríns, osos, panteras, linces, ñandús, macacos..... pero sen lugar a dúbidas o que máis expectación causou foron o tigre e mailo león, os nenos levaban esperando toda a mañá para poder ollalos, e quedaron abraiados.
A visita xa chegara ao seu fin, e todos e todas tiñamos moita fame, asi que decidimos ir cara Samil, alí comeriamos e gozariamos da praia durante un anaquiño da tarde. e así foi. primeiro sentámonos nestas mesas de pedra, e puxémonos a comer, algún non tiña moi claro se era a merenda de media mañá, se era o xantar....
















Rematada a hora de comer disfrutamos un chisco da area da praia. estaban encantandos. primeiro sacaron os calcetíns e mailos zapatos, despois as camisetas, despois os pantalóns.... O máis divertido chegou cando nos tivemos que volver vestir, algún non atopaba a súa roupa, outro puxo camiseta, pantalón ao reves..... un lío, pero moi divertido.
A verdade e que todos gozamos con esta saída, e sobre todo eles os máis pequenos, que pasados varios días aínda recordan esa saída con moito agarimo.

CURIOSIDADES DOS VOLCÁNS

Podes coñecer máis cousiñas podedes visionar pequenos fragmentos que atoparedes no You tube. Esperamos que vos guste.

COÑECENDO VOLCÁNS


E xa chegamos a quinta e última parte deste traballo adicado a coñecer os volcáns. Nesta ocasión detivémonos naqueles que por algunha características ou por oura son importantes nos nosos días. O primeiro que descubrimos foi o Eijafjalla, xa que entrou de novo en erupción este ano 2010, causando multitude de problemas nos aeroportos españois e europeos. o segundo atopámolo en España, o Teide, sendo o 3º volcán máis importante do noso planeta. E o terceiro atopámolo en Hawai o Mauna Kea, é considerado como o volcán máis importante do mundo.

PAISAXES VOLCÁNICAS


Nesta cuarta parte puidemos analizar as distintas paisaxes volcánicas coas que nos podemos atopar grazas a actividade volcánica que quenta a cotiza terrestre, tanto por encima como por debaixo do chan. Isto da lugar á Fumarolas (greta pola que se expulsan gases volcánicas e chorros de vapor), ás Terrazas (provocadas polos minerais dunha fonte termal), ás Fontes Termais (auga do subsolo quente grazas a que as rochas do seu arredor tamén están quentes), o Lodo (auga mesturada con minerais) e o Geiser (surtidor de auga que entra en erupción cando a auga que se atopa no seu interior se quenta por encima do punto de ebullición).

QUE MATERIAIS EXPULSA UN VOLCÁN?


Xa chegamos a terceira parte. Grazas a información que nos aportástedes puidemos analizar o tipo de materiais que expulsa un volcán. Para que o saibades, dicirvos, que os volcáns activos emiten magma. Ese magma pode espallarse, volatilizarse, segundo sexan materiais sólidas (cinza ou polvo volcánico), líquidas (lava) ou gasosas (gases sulfurosos, hidróxeno, nitróxeno...).


PARTES DUN VOLCÁN


Esta é a segunda parte do noso traballo. Aquí poderedes ver as partes do volcán a través da seguinte ilustración e das etiquetas identificativas que fixemos por parellas. Como poderedes comprobar só nos fixamos nas principais partes: cráter, magma e cheminea.


lunes, 21 de junio de 2010

QUE É UN VOLCÁN?


Tralo interese espertado nos cativos, dicidimos confeccionar un libro onde fósemos recollendo os aspectos máis salientables deste proceso de investigación. Presentamos aquí a primeira parte do noso libro, onde intentamos coñecer máis de cerca os volcáns seguindo as ilustracións e as explicación dos nenos e nenas de cinco anos. A actividade componse de dúas partes: a primeira é a ilustración do volcán e a segunda é a súa descrición (coas súas palabras deben describrir o que é para eles un volcán). Algunhas das descrición que fixemos foron as seguintes:

- O volcán é unha pedra grande

- O volcán é unha pedra que echa lava

- El volcán es una roca gigante que echa lava

- O volcán é un monte que echa lava

- O volcán echa lava e ten pedras

- O volcán echa ceniza

- O volcán é un monet e bota ceniza e escupe lava

- El volcán echa lava y tiene un crater y echa nubes de ceniza un volcán que es un monte

- O volcán é unha pedra grande que ten un cráter

jueves, 3 de junio de 2010

XA CHEGARON, XA ESTÁN AQUÍ!


Xa levabamos varias semanas esperando este momento, pero por fin, xa comezaban a chegar, que quenes chegaban?: OS VOLCÁNS. Facía xa varias semanas que lles pediramos as familias que fabricaran un volcán. Todos os días iamos explicando como se estaban a desenvolver esas tarefas, a pesares de que algún decidiu manter o segredo ata o final, outros ían dicindo o material que estaban a utilizar, quen lles estaba a axudar...
Pois ben, xa chegou a data tan sinalada, a primeira semana de xuño, e con ela comezaron aparecer as primeiras obras de arte. Todas e cada unha das familias nos estades a sorprender gratamente, xa que coa axuda de todos e de todas (papás, irmáns, mamás, avós, avoas, tíos, tías, padriños, madriñas.....) estades a presentar uns grandes proxectos e sobre todo estamos a gozar coa súa presentación e como non, coa explicación que facemos de todo o proceso que se levou a cabo.
Os cativos están moi entusiasmados, pero sobre todo, o que máis lle está a gustar son as erupcións dos volcáns e todos din, eu quero que o meu volcán erupcione. O venres pasado xa vimos como o volcán de Inés e o de Candela podía facelo perfectamente, agora ben, mañá será o gran día, mañá porémolos a todos a erupcionar, xa vos contaremos que tal a experiencia. De novo reiterar os meus parabéns a todas as familias e sobre todo o meu agradecemento por poder contar con vós nun actividade máis.

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS!!!!


A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS