Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

miércoles, 29 de septiembre de 2010

CAMBIAMOS DE HORARIO


Boas familias, quería informarvos que dende este venres día 1 de outubro comezaremos o novo horario, que manteremos ata o mes de maio, correspondéndose co seguinte:

TODOS OS VENRES

Entrada ás 9.40 e Saída ás 13.05

DE LUNS A XOVES

Entrada ás 9.40 e Saída ás 16.30


Todos os días da semana teremos o servizo de comedor dende ás 13.05 ata as 13.45 (aproximadamente).Toda esta información a podedes atopar no tríptico que se vos enviou hoxe polos cativos e cativas.


A maiores comentar que a partires da próxima semana cambiamos o día de Psicomotricidade pasando este aos mércores, polo que ese día traerán roupa cómoda, recomendable o chandal e as zapatillas.

miércoles, 15 de septiembre de 2010

COMEMOS NO COMEDOR


Terceiro día e terceiro reto: o comedor. Durante estes dous días non comeramos no colexio, asi que hoxe estivemos falando durante toda a mañá do menú do día (ensalada rusa e lomo con patatas) Cando chegou o momento preparámonos e fomos cara o comedor. Era un lugar novidoso para eles. Algún xa estaba a comer pan antes de que chegara a ensaladilla rusa. Sen lugar a dúbidas, o alimento que máis gustou foi o PAN. E cando o remataron pedían máis e máis. Comeron todos agás o melón que non os convenceu moito.
A xornada xa se facía moi longa, e algunha non foi capaz de esperar a saída e xa comezou cunha sestiña antes de marchar.













martes, 14 de septiembre de 2010

ANIVERSARIO DE MARÍA


Pasado o primeiro momento e as primeiras emocións, tocaba voltar ao día seguinte, e estes 12 aventureiros fixérono a perfección. De novo, todos preparados para a aventura e para gozar con todo o que nos depara a nosa pequena xornada.
Hoxe é un día moi especial porque unha das nosas picariñas está de cumple. María fixo tres anos, e entre todos intentamos soprar esa vela travesa que non era quen de apagarse por máis que todos e todos sopramos. María trouxo un biscoito que case todo degustamos encantados, repetindo ata en tres ocasións.


FELICIDADES MARÍA!!!!

lunes, 13 de septiembre de 2010

COMEZAMOS UNHA NOVA ETAPA


O luns 13 de setembro do 2010 pasadas as 11.30 da mañá 12 cativos de Forcarei comezaron unha nova etapa, un novo camiño. Todos e todas se presentaron no Salón de Actos perfectamente ataviados, coas súas mochilas e mandilóns as costas, e preparados para comezar a escola, "o cole dos maiores". Cruz, Marta e máis eu fomos a esperalos, e pronto se amosaron encantados e desexando coñecer a aula, os xoguetes, e sobre todo o patio, o tobogán e mailo areeiro.
Así que, despedímonos das mamás e dos papás sen ningún choro, xa somos maiores, e tentamos facer un pequeno tren para chegar ata a clase. Cando entramos no corredor todo era novidoso, e eses picariños ían entrando en todas as portas (biblioteca, aula de 5 anos) ata que ....... por fin....., chegamos a nosa aula. Sacaron as súas mochilas e descubriron que ao lado da chaqueta e da mochila estaba a súa foto, que super sorpresa! Entramos na clase e intentamos ir descubrindo o que alí había. O que máis nos chamou a atención foron, sen lugar a dúbidas, os xoguetes.
Despois dun anaquiño, e da pertinente visita ao baño, todos paseaban sen ter moitas ganas de ir ao baño, saimos ao patio, e alí atopamos aos nosos primos, aos nosos amigos, veciños..., todos viñan xunto nosa e nos facían carantoñas e nos daban moitos mimos. O recreo, xa dende o primeiro día encantounos. Nós, como somos uns privilexiados alongámolo un anaquiño.





A mañá xa se acababa, só tiñamos que voltar a clase para recoller os xoguetes, misión bastante complicada xa que todos querían seguir xogando, collemos as mochilas e de volta ao salón para ver as nosas mamis e papis, que estaban alí e que nos acollían co mellor dos seus sorrisos.
Foi un día moi especial e esperado por todos. Mostra diso podédelo ver nas imaxes que engadimos. Esperamos que papis, mamis e toda a familia disfrutedes con estes primeiros momentos dentro da escola. Grazas a todos pola vosa disposición, e sobre todo por autorizarnos a utilizar e poder ensinarvos estas imaxes.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS