Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

martes, 30 de noviembre de 2010

ANIVERSARIO DE MANUEL

O noso pícaro Manuel estivo de aniversario e compartiu con todos nós un gran doce cunha vela co número 3 e uns adornos que chamaron moito a atención dos nosos cativos.

PARABÉNS MANUEL



jueves, 18 de noviembre de 2010

FESTEXAMOS O MAGOSTO


Tanta escoitar falar de castañas, de exposicións de froitos do outono, pero que será o Magosto. O xoves 18 de novembro toca explicar que a castaña en Galicia é un alimento tan importante que se lle adica unha festa: a festa das castañas, o Magosto. Durante esta xornada pintamos castañas, confeccionamos unhas coroas alusivas e xogamos coas castañas. Aqui ten des unha selección das imaxes máis divertidas.

viernes, 12 de noviembre de 2010

A SEMANA DO HALLOWEEN

A última semana do mes de outubro estivemos a facer varias actividades relacionadas co Halloween: pintamos cabazas, compuxemos os nosos monstros, fixemos morcegos, bailamos, cantamos........ ;agora ben, a actividade que máis expectación tivo, e que máis nos gustou, foi sen lugar a dúbidas, TRUCO OU TRATO?. Seguindo un costume inglés fomos polas clases pedindo truco ou trato. O primeiro era un bo susto, ou iso pretendiamos, e o segundo eran lambonadas. Tivemos moita sorte, porque enchemos a nosa cabaza moi rápido.
A confección da cabaza tamén foi outra actividade divertida, non sei se para os/as nenos/as ou para as familias, que anécdotas hai de todo tipo, verdade?. Destacar a labor que realizaron as nosas familias, tanto, tanto se esmeraron que dous pequenos de tres anos, María e Rubén, acadaron o terceiro e primeiro posto na categoría infantil no Concurso de Cabazas.
Se queredes ver algo máis desta monstruosa, pero sempre divertida semana premede no seguinte video.


OS MONSTROS NA NOSA AULA

Co motivo do Halloween estivemos lendo varios contos, nos que aparecían moitos monstruítos moi divertidos. Tanto, tanto nos gustaron os monstros que decidimos facer cada un a súa propia cara monstruosa, e para iso, utilizamos ao noso amigo Frankenstein e fomos poñéndolle ollos, bocas, narices... Como podedes ver, cada un elaborou a mellor, ou peor cara.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS