Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

martes, 8 de noviembre de 2011

UNHA RECEITA MOI, MOI DOCE

Hoxe e de forma totalmentP1080505e inesperada chegou a nosa clase osiño. Era moi, pero que moi especial, xa que o fixeron Rubén e a súa mamá no Taller de Cociña Familiar. Contounos o proceso de elaboración e os ingredientes que utilizaron para a receita.

A merenda no día de hoxe foi moi doce e saborosa. Todos os nenos e nenas e mailas mestras e mestres quixemos probar este saborosa osiño.

Moitas grazas a Teresa e a Rubén pola súa receita.

sábado, 5 de noviembre de 2011

RUBÉN LEVA O MALETÍN VIAXEIRO

P1080503

Rubén leva varios días moi emocionado, porque este venres leva para a súa casa o Maletín Viaxeiro, un maletín que deberá devolver dentro dunha semana e o cal lle permitirá realizar unha receita coa súa familia, receita que nos deberá agasallar e recoller no noso receitario viaxeiro.

Esperamos prontiño as vosas impresións familia.  

viernes, 4 de noviembre de 2011

TALLER DE COCIÑA FAMILIAR

Na nosa aula  estamos a desenvolver un  Taller de Cociña, preparando, como podedes ver nas entradas anteriores, receitas arrepiantes. Agora ben, esta actividade non queremos que quede só dentro da nosa aula, polo que precisamos estender o noso taller e convertelo no Taller de Cociña Familiar; queremos que nenos e nenas gocen da e coa cociña, rodeados dos que mais queren, pais, nais, avós,a voas, madriñas…

Para poder facer realidade esta iniciativa, dendeP1080501 este venres cada nena e neno coa súa familia gozará do Maletín Viaxeiro. Dentro deste atoparemos o noso Receitario Viaxeiro, onde poderedes agasallarnos con novas receitas moi apetitosas, e facer os comentarios que consideredes oportunos, e un libro de receitas titulado Mi primer Libro de Cocina, que vos ofrecerá novas ideas, aínda que non creo que faga falla.

Esperemos que gocedes da actividade tanto coma nós,

ÁNIMO E A COCIÑAR!!!!!

 P1080497

sábado, 29 de octubre de 2011

A FESTA DO HALLOWEEN

Nesta entrada deixamos algunhas imaxes dos momentos máis entretidos da mañá do venres, e tamén aproveitamos para felicitar a todos os papás, mamás, madriñas, padriños, avós, avoas..... pola súa creatividade e pola participación na actividade de decoración de cabazas propostas dende a aula de inglés. Cada ano o facedes mellor.

Moitas parabéns

Click to play this Smilebox photo album
Create your own photo album - Powered by Smilebox
Make your own photo album

viernes, 28 de octubre de 2011

HOXE É HALLOWEEN

Xa chegou o día esperado, así que os esquP1080310eletes de catro anos decidiron ir polas clases e dicir “Susto ou Trato” .

O primeiro era un bo grito, e o segundo era un trato con lambonadas, perdonándolle deste xeito o  gran susto.

Mirade, mirade ben, a que metemos medooooooooo!!!!!!!!!!!!!!!!

Moitas grazas a todos os mestres, mestras e alumnos/as por colaborar con nós.

 P1080296 P1080297

 

 

jueves, 27 de octubre de 2011

OS TRAXES DE ESQUELETE

Este venres no centro celebramos o Halloween, e  os picariños decidimos vestirnos  e prepararnos para a ocasión. Asi que, o venres xa non seremos nenos e nenas, senón que por un día seremos verdadeiros esqueletes. Ai…. que medo!!!!

 P1080291  P1080292

 

 

 

 

P1080294

martes, 25 de octubre de 2011

LA BRUJITA TAPITA

Este ano os cativos e cativas de catro anos participaremos da festa do Samaín de forma activa, xa que cantaremos unha canción “La brujita tapita”, coñecédela?.

Para aqueles que a descoñezan,  e para poder practicar durante estos días nas casas cos nosos papás e  as nosas mamás poñemos este karaoke, e

A CANTAR!!!.

FACEMOS ARAÑAS CON GALLETAS OREO

O taller de cociña segue funcionando durante esta semana, pero neste caso estamos a facer elaboracións e receitas monstruosas e diferentes as que faremos durante todo o curso escolar.

Hoxe toda facer de novo arañas, pero nesta ocasión o ingrediente principal serán as galletas de oreo. Esta actividade decidimos desenvolvela cos cativos e cativas de primeiro de primaria, quenes gozaron  e aprenderon tanto coma nós.

domingo, 23 de octubre de 2011

SEMANA DE HALLOWEEN

Xa está aquí, xa case chegou, unha das datas máis esperadas polos nosos cativos e cativas. Levamos varias semanas con preparativos e decoracións variadas, agora ben, por fin, a Semana de Halloween está aquí. 

HAPPY_HALLOWEEN_3

E para poder meterse en materia nada mellor que ver os seguintes vídeos alusivos a esta data, esperamos que vos gusten tanto como a nós.

sábado, 22 de octubre de 2011

ESCRIBIMOS A RECEITA DAS VASOIRAS

Unha vez que elaboramos e degustamos as nosas vasoiras decidimos trasladar ao papel os datos máis significativos da receita: o nome e mailos ingredientes. As actividades foron as seguintes:

 img095  

 

 

 

 

img096

 

 

 

 

img097

 

 

 

 

img098

viernes, 21 de octubre de 2011

VASOIRAS DE BRUXA

O taller segue a funcionar na clase de catro anos,  e neste caso, a receita  escollida para elaborar polos picariños, foi unha vasoira especial, xa que podía comerse, sendo os ingredientes principais o xamón cocido e mailo  queixo.Estiveron encantados, gozaron facéndoas e despois coméndoas.  Ollade, ollade para eles.

miércoles, 19 de octubre de 2011

MADALENAS DIVERTIDAS

Xa feitas e degustadas estas madalenas divertidas con forma de araña tocaba plasmar no papel o que aprendemos coa realización da mesma. Nesta ocasión tocou  debuxar e poñer un nome a nosa receita, como podedes observar non son moi orixinais. Despois recortamos e pegamos os ingredientes.

 img091 img092

 

 

 

 

 

img094 img093

martes, 18 de octubre de 2011

OS PICARIÑOS E A SÚA MADALENA DISFRAZADA

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free slideshow design

A NOSA PRIMEIRA RECEITA: MADALENAS DISFRAZADAS

Click to play this Smilebox recipe

EMPEZAMOS CO TALLER DE COCIÑA

Este luns 17 de Outubro empezamos co Taller de Cociña. A cociña e os alimentos son imprescindibles para as nosas vidas, por iso, dende a nosa aula, queremos utilizar este recurso vital e empregalo para aprender. Así ademais de traballar  a alimentación, incluiremos na nosa aula un tipo de texto diferente, e descoñecido ata o momento: a receita. As receitas vannos permitir organizar e traballar a lectoescritura dende unha postura construtivista, na cal o cativo e cativa xoguen un papel vital.

Todas as receitas que realicemos terán varios momentos: lectura da receita, preparación dos ingredientes, confección e degustación e posterior recollida da receita (debuxo, ingredientes e secuencia).

Este primeiro día divertímonos confeccionando Madalenas Disfrazadas.

Imagen1

lunes, 17 de octubre de 2011

APRENDEMOS CON JIM JAM & SUNNY

Jim Jam & Sunny e os seus amigos axúdannos na labor de investigación que estamos levando a cabo, xa que neste breve vídeo  atopan unha araña no seu xardín, e partir desa situación coméntannos algún aspecto da vida das arañas.

domingo, 16 de octubre de 2011

MATERIAL SOBRE AS ARAÑAS

Atopamos un enlace con moitas actividades que se poden imprimir, e incluso algunha suxerencia ou idea para utilizar nas aulas de infantil, se queredes acceder a ela só teredes que premer encima dda araña que está tecendo.  

arana

sábado, 15 de octubre de 2011

LA ARAÑA DEL MUSEO

Deixamos aquí un audioconto de La Araña del Museo, premede encima para gozar del e sobre todo, prestade moita atención.

viernes, 14 de octubre de 2011

O OUTONO

O outono parece que se está a resistir e non é quen de chegar. A pesares diso na nosa aula xa mantivemos a primeira conversa ao respecto.


Mestra: En que estación nos atopamos?


Pablo: no outono


Mestra: e no outono, que ocorre?


Silvia: que se caen as follas das árbores


Rocío: os animais saen das súas casas e aproveitan o sol.


Rubén: se pon as follas viejas cando caen. Eu vin no parque follas viejas que eran marrón e otras que son verdes e algunha estaba no árbol.


Marcos: que caen as follas


María: na miña casa hai unha castaña e eu regaleilla a mamá.


Silvia: si, as castañas están nos árboles


Carla: si eu vin unha castaña, pero gorda.


Mestra: e onde estaban as castañas?


Alicia: nos árboles


María: a veces caen


Marcos: eu atopei unha


Mestra: como se chama a árbore que da castañas?


Rocío: pico


Pablo: pino


Uxía: pilo


María: castañeiro


Marcos: non, castiñeiro


Manuel: os ourizos teñen dentro as castañas.


Alicia: dentro de los orizos que pican moito.


Manuel: eu un día quería coller un ourizo e coa man e picoume.


Mestra: e por que pican?


Alicia: porque teñen


Uxía: espiñas


Pablo: pinchos


María: rallitas


Alicia: porque teñen pinchos verdes


Mestra: e que cores ten o outono?


Rocío: naranxa


Pablo: rojo


María:verde


Marcos: marrón


Uxía: amarelas


……..


A partires desta conversa os nenos e as nenas quixeron representar a caída da folla, un dos acontecementos que máis lle chamou a atención, e o cal tiveron presente ao longo da conversa.
img090



img089


Como podedes ver durante este faladoiro apareceron moitos conceptos que trataremos en profundidade nas seguintes clases, e sobre todo as cores do outono.

jueves, 13 de octubre de 2011

MENÚ ESCOLAR

Á hora de comer é un gran momento educativo dentro da nosa xornada escolar, por iso, este curso traballaremos o Menú diario, que se vos envía a inicios de cada mes. Todos os días o encargado ou encargada deberá revisar e colocar os alimentos inxeridos no panel correspondente.

Posteriormente cada alumno/a deberá analizar detidamente os alimentos e comentar a súa cor, forma, tamaño,… para, con posterioridade, reflectilo na súa actividade impresa (de xeito individual).

img086 

 img088

 

img087

martes, 11 de octubre de 2011

COÑECENDO AS PARTES DOS LIBROS

Este conto de Fran Alonso, estaP1080021nos a axudar a coñecer algunha das partes que ten un conto. Neste caso estamos achegándonos a dous termos: Cuberta ou Tapa e Contratapa. Entre todos xogamos a atopar  estas partes nos contos que temos na clase e de revisar cal é a  tapa e a contratapa  do conto de “A araña e mais eu”.

P1080022 P1080018 P1080020 

Deixamos aquí unha explicación das partes que teñen os libros, extraída do seguinte enderezo https://sites.google.com/site/recursosformaciondeusuarios/.

Imagen1

Partindo desta presentación realizamos un mural onde clasificamos as imaxes de diferentes contos que temos na biblioteca, para iso tiñamos dúas columnas; na primeira pegabamos as tapas e na segunda as contratapas.   Aquí tedes o resultado.

P1080012  P1080013 

 

P1080027

 

 

 

 

 

 

P1080033

 

 

 

P1080081

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS