Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

miércoles, 5 de octubre de 2011

PERO, COMO SON AS ARAÑAS?

Trala lectura desta fermosa historia os nosos cativos e cativas puxéronse a cavilar, como son as arañas? que comen? onde viven?.... Estas son algunhas das súas respostas: 

- Profe: que subía pola nena?
- Todos: unha araña
- Uxía: peluda e gorda
- Manuel: negras e feas
- Rubén: verdes y tamén negras, tamén azules, no sei cales colores máis.
- Marcos: un pouco redondas con palitos, coas patas para andar.
- Silvia: negras e feas, son peludas e teñen patas.
- Uxía: as arañas teñen patas negras, círuclo verde e tamén son peludas.
- Alicia: las arañas son redondas
- Pablo: son verdes e negras e grandes e tamén pode haber pequenas
- Sarai: verdes e negras
- Rocío: as miñas son rosas, son peludas e con pinchitos pequeniños nos ollos e tamén as levamos o médico, bueno no exactamente pero.....
- Carla: negras
- Profe: e que comen?
- Rocío: as miñas comen cn un saco grande, comen comida, a nosa comida, creo que comen os huesos.
- Pablo: comen pan ou carne
- Alicia: noooo, las hormigas comen pan, las arañas no lo sé.
- Pablo: se lle poñemos unha trampa e un rastro atrapamos unha araña
- Uxía: non sei o que comen
- Profe: e como podemos averigualo?
- Pablo: no monte
- Rubén: nun burato
- Rocio: podiamos saltar onda Dora, porque ten un mapa é unha detective.
.......
ARAA_1~1
O faladoiro cerrouse por hoxe, pero seguirá aberto nas mentes dos cativos e das cativas, que máis saberán das arañas?.

No hay comentarios:

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS