Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

viernes, 4 de noviembre de 2011

TALLER DE COCIÑA FAMILIAR

Na nosa aula  estamos a desenvolver un  Taller de Cociña, preparando, como podedes ver nas entradas anteriores, receitas arrepiantes. Agora ben, esta actividade non queremos que quede só dentro da nosa aula, polo que precisamos estender o noso taller e convertelo no Taller de Cociña Familiar; queremos que nenos e nenas gocen da e coa cociña, rodeados dos que mais queren, pais, nais, avós,a voas, madriñas…

Para poder facer realidade esta iniciativa, dendeP1080501 este venres cada nena e neno coa súa familia gozará do Maletín Viaxeiro. Dentro deste atoparemos o noso Receitario Viaxeiro, onde poderedes agasallarnos con novas receitas moi apetitosas, e facer os comentarios que consideredes oportunos, e un libro de receitas titulado Mi primer Libro de Cocina, que vos ofrecerá novas ideas, aínda que non creo que faga falla.

Esperemos que gocedes da actividade tanto coma nós,

ÁNIMO E A COCIÑAR!!!!!

 P1080497

No hay comentarios:

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS