Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

viernes, 28 de enero de 2011

ABECEDARIO DA PAZ


Os pícaros decidimos confeccionar un abecedario da Paz para conmemorar o Día da Paz e Non violencia. Para iso utilizamos as imaxes dos cativos e cativas e a canción de Macaco "Mensajes de agua", xa que como ben di a letra "SOMOS UNA MAREA DE GENTE REMANDO AL MISMO COMPÁS". Espero que todos e todas gocedes co noso video e de xeito especial as nosas familias.

lunes, 10 de enero de 2011

UN AGASALLO DE REIS

Tralas vacacións voltamos de novo as aulas, con moitas ilusións. Cantas gañas tiñamos todos de vernos!!!, algúns estiveron todas as vacacións preguntando polo colexio. Pero este luns, ía ter unha gran sorpresa para todos: dous paquetes grandes, grandes (dicían).


Pois si, como xa estades a pensar, os Reis Magos deixáronnos dous agasallos, que a verdade é que nos gustaron moitísimo. Aquí podedes vernos disfrutando deles.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS