Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

lunes, 14 de febrero de 2011

CARTAS DE AMOR

O mes de febreiro é o mes dos Namorados, por iso, no noso centro quixemos celebralo realizando unhas cartas de amor-amizade e entregándollas ao BUZÓN NAMORADO, que se atopaba ás portas da biblioteca.










































Despois, o martes 15 de novembro repartíronse as cartas, e......... SORPRESA!!! todos tiñamos unha carta.


jueves, 10 de febrero de 2011

XA ESTAMOS DE VOLTA

Despois de solucionar todos os problemas técnicos, os picariños volvemos á carga con moita e moi variada información. Pero claro, non queremos deixar aos nosos seguidores sen as curiosidades e actividades que realizamos ata o momento, polo tanto, ai vos vai un resumo das mesmas. Esperamos tervos o máis actualizados posibles a partires de agora.
Un saúdo a todos, e en especial as nosas familias; e lembrade que os vosos comentarios e impresións son importantes para alimentar este blog.

lunes, 7 de febrero de 2011

ENTREGA DOS PREMIOS Á INNOVACIÓN EDUCATIVA



Este luns 7 de febreiro celebrouse en Santiago de Compostela ás 11.30 da mañá o acto de entrega dos Premios á Innovación Educativa, presidido pola Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús vázquez Abad. Nesta xornada o director do centro Celso Viéitez e máis eu fomos os encargados de recoller a acreditación correspondente. Podedes ler a nova no portal da Consellería.

De novo, reiterar os meus parabéns para todos os cativos que participaron no proxecto e para as súas familias. E tamén, como non pode ser doutro xeito, noraboa a todos os premiados e premiadas.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS