Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

lunes, 28 de marzo de 2011

MÚSICA INDIA

Os indios danzaban e cantaban por iso, nós como bos indios intentamos facer o mesmo. Aquí vos deixamos varias cancións que estamos a practicar na clase.





POR FIN TEMOS O NOSO TIPI

 

DSC01508Despois de varios meses a falar dos indios e das súas vivendas, conseguimos un, e podemos entrar e saír, que divertido!. Estamos realmente ilusionados con esta nova adquisición, que fará que esteamos máis animados para rematar este segundo trimestre. Deixámosvos algunha das imaxes gozando do tipi.





DSC01505DSC01504 DSC01499

martes, 22 de marzo de 2011

PRIMEIRA SAÍDA AO PARQUE

Parece ser que esta semana que comeza a Primavera o tempo nos está a dar un respiro eP1030652 por iso decidimos pasar unha tarde diferente e entretida, e para iso, decidimos visitar o parque de Forcarei. Todos puidemos disfrutar do tobogán, bambán, e sobre todo do bo tempo.


P1030656P1030659








P1030660

viernes, 18 de marzo de 2011

A MOCHILA VIAXEIRA

Algúns de vós xa a coñecedes, pero outrosP1030600 non, por iso, vos presentamos a MOCHILA VIAXEIRA, que visitárá as vosas casas levando contos, revistas, música…. para que durante sete días poidades gozar da lectura na compaña do voso pequeno ou pequena.


A maiores pedímosvos a vosa colaboración facendo unha pequena e sinxela actividade plástica, dentro das posibilidades de cada un, e a vosa contribución en forma de comentarios, debuxos, fotografías no caderno viaxeiro que vai dentro da Mochila Viaxeira.


AGORA TOCA GOZAR COA LECTURA!!



P1030649 P1030651

jueves, 10 de marzo de 2011

ENTROIDO EN TRES ANOS

INDIOS POR UN DÍA

Xa chegou o gran día e por fin, puidemos vestirnos coma os indios e gozar durante a mañá do pasado venres. Aquí vos deixamos algunhas das imaxes desa xornada.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS