Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

jueves, 28 de abril de 2011

VISÍTANOS BOCABERTA

CARTEL sr mundo jpg Bocaberta é unha iniciativa coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover a lingua galega entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos. As actividades que conforman Bocaberta están elaboradas desde os intereses dos nenos co obxectivo fundamental de propiciar a súa participación activa a través da palabra. Nesta ocasión gozamos cun obradoiro de teatro chamado “Señor Mundo, dígame?.


Esta representación teatral ofrécenenos un recital tolo de poesía sonora e visual para facer gozar os nosos picariños.


miércoles, 20 de abril de 2011

FELICES VACACIÓNS

Espero que todas e todos os picariños esteades a gozar desta Semana Santa. Regresamos nunha semana, o Martes 26 de Abril. Pasádeo ben e ata prontiño.



ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more

martes, 19 de abril de 2011

NA PROCURA DOS OVOS DE PASCUA

A “Techer” María organizou unha procura huevos-pascuamoi divertida para o alumnado de Educación Infantil. Cada neno e nena debía traer unha cesta ou cesto e recoller pequeniños ovos de chocolate polo patio. Todos gozaron coa actividade, e non hai máis que velos.


SAM_1797 SAM_1798



SAM_1800


SAM_1801


SAM_1816

O NOSO LIBRO DOS INDIOS

Unha vez rematado este interesante proxecto: INDIOS POR UN DÍA, só nos queda presentarvos a todos vós, a noso pequeno libro de investigación sobre os indios.




Adxuntamos tamén o noso proxecto en branco e negro por se alquén lle resulta de utilidade. Animádevos a traballar esta temática, é moi divertidade e amena, e sobre todo, esperta un forte interese por parte dos cativos e cativas, neste caso de tres anos.




miércoles, 6 de abril de 2011

ÁRBORE PRIMAVERAL

 

A primavera xa chegou a nosa clase, e co motivo desta celebración P1030806decidimos confeccionar a nosa propia árbore; ensinámosvos o resultado.

Para a súa confección utilizamos papel crepé marrón (facendo tiras enrrolladas), moldes de madalenas e gomets vermellos, Para elaborar o fondo estampamos con esponxa.


P1030808

martes, 5 de abril de 2011

MONICREQUES INDIOS

Estamos a rematar este trimestreP1030775, e polo tanto, tamén a nosa pescuda sobre os indios, por iso, decidimos elaborar uns pequenos inidios, igual que nós, que nos acompañen, e cos cales poidamos xogar. Aquí vos deixamos o modelo en branco e negro por se vos apetece facer un.

dia del indio  (1)[2]
P1030783

P1030782

lunes, 4 de abril de 2011

O TÓTEM

O TÓTEM era unha escultura de madeira, e de moitas cores que representaban animais, espíritos e antepasados. Os indios, utilizaban os tótem para marcar territorios, para protexer os cemiterios e pobos, e en ocasións, para soportar o teito das casas.


Nós, quixemos marcar o noso territorio, e por iso elaboramos o noso propio tótem.


P1030769

viernes, 1 de abril de 2011

O NOSO TIPI

Na clase, xa contamos, dende hai varias semanas, cun tipi, do cal podemos entrar e saír, pois ben, coa axuda da profe, decidimos crear o noso tipi con cartolina, gomets e pinchos de madeira.


P1030719P1030767

A MOCHILA VIAXEIRA SEGUE A SÚA VIAXE

A Mochila Viaxeira visitou a outros dous picariños, Manuel e RocíoP1030735, aí vos deixamos as súas obras de arte. E sobre todo, reiterar as miñas grazas a todas as familias, pola gran acollida que está a ter esta actividade, e pola participación sempre activa que estades a ter tanto confeccionando esas obras de arte, como cos vosos comentarios e imaxes do caderno viaxeiro.


P1030722P1030732P1030734

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS