Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

viernes, 27 de mayo de 2011

MOTIVÁNDONOS

Na procura de información atopamos en You Tube estes videos  moi divertidos, onde personaxes tan coñecidos como  o  Pato Donald, Mickey Mouse, Doki  ou Caillou se visten de bomberos. Espero que gocedes tanto como nós.

 

 

 

 

jueves, 26 de mayo de 2011

COMEZAMOS UNHA NOVA INVESTIGACIÓN

Nesta ocasión, e tal como vos informamos fai un pbomberosar de semanas, estamos a investigar sobre os bombeiros, por iso precisamos información, contos, útiles, imaxes, debuxos,…. para que poidamos coñecer algo máis desta profesión.

miércoles, 25 de mayo de 2011

SARAI E MARCOS TAMÉN GOZARON DA MOCHILA VIAXEIRA

Durante estas últimas semaP1040225nas e como é costume na aula de tres anos, a Mochila Viaxeira prosigue a súa viaxe polas casas dos nosos picariños. Nesta ocasión Sarai e Marcos gozaron dela e aquí vos presentan os seus traballos. 

P1040262 P1040223

P1040258

FELIZ ANIVERSARIO ROCÍO

Este pasado venres 20 de maio, Rocío cumpriu catro anos, e trouxo unha rosca cunha decoración un tanto especial.

PARABÉNS DE TODOS NÓS

sábado, 14 de mayo de 2011

CARACOIS E OS CONTOS DO CAMIÑO NA TVG2

A partires deste mes de maio, as series infantís de animación Caracois e Os Contos do camiño comezarán a emitirse na TVG2.

A primeira das series, Caracois, está dirixida a un público de entre 2 e 4 anos. Os capítulos teñen unha duración duns seis minutos e están basados nas historias dos álbums de Caracois (Armando Quintero e André Letria). Son cinco libriños de NanOQOs, colección da editora OQO.

CARACOIS NA TVG2







A segunda serie infantil, Os Contos do Camiño, está dirixida a nenos e nenas de 4 a 7 anos e consta de 26 capítulos de 10 minutos de duración. A través desta serie poderán visionar populares e marabillosas historias interpretadas por autores contemporáneos e adaptadas ao publico infantil a través de creación de universos plásticos distintos e innovadores.

OS CONTOS DO CAMIÑO NA TVG2

jueves, 12 de mayo de 2011

VISÍTANOS BOCABERTA

CARTEL sr mundo jpg Bocaberta é unha iniciativa coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover a lingua galega entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos. As actividades que conforman Bocaberta están elaboradas desde os intereses dos nenos co obxectivo fundamental de propiciar a súa participación activa a través da palabra. Nesta ocasión gozamos cun obradoiro de teatro chamado “Señor Mundo, dígame?.

Esta representación teatral ofrécenenos un recital tolo de poesía sonora e visual para facer gozar os nosos picariños.

miércoles, 11 de mayo de 2011

VIII ENCONTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Durante a pasada fin de semana, tiven a gran VIII_E~1sorte de participar nos VIII Encontros de Educación Infantil. Esta xornada intensa, pero moi gratificante, sempre abre as portas a novas propostas, neste caso da man de Miryam Nemirovsky, Teresa Neira, Javier Abad, Meritxell, Angela Sátiro….. a novos traballos, e sobre todo, reencóntraste con compañeiros e compañeiras cos que poder compartir inquedanzas durante dous días.

Estes encontros foron moi especiais para este blog, xa que Eva García Sexto, asesora da Consellería, nos permitiu presentar a experiencia “Entramos en erupción”, desenvolta no curso pasado. Moitas grazas.

viernes, 6 de mayo de 2011

A MOCHILA VIAXEIRA SEGUE VIAXANDO

P1040153Tralas vacacións puidemos descubrir as manualidades que fixeron os nosos picariños coa axuda das súas familias. Aquí vos presentamos os traballos de Uxía, Alicia, Carla e Pablo.

De novo grazas familias pola vosa implicación, e sobre todo reitero os meus parabéns, xa que vos están a quedar uns traballos moi orixinais.

P1040152 P1040151

P1040133

P1040154

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS