Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

viernes, 30 de septiembre de 2011

CAMBIO NO HORARIO



Acabamos de rematar setembro, un mes no cal de novo nos adaptamos e acostumamos as rutinas, a aula, a xornada escolar, aos compañeiros e especialistas. Agora, xa acostumados,empezamos este novo mes cun novo horario, xa que a xornada comezará as 9.40 e rematará ás 16.30, facendo unha parada para ir ao comedor de 13.05 ata ás 14.30.

A partires da próxima semana ata o mes de maio, inclusive, o alumnado de 4 anos terá Psicomotricidade co profe Javier os xoves pola mañá, polo que deberán traer roupa cómoda, preferiblemente chándal.

jueves, 1 de septiembre de 2011

XA FALTA POUCO

Xa remataron as vacacións de verán, agora dentro duns School Boy-1días estaremos todos de volta enchendo esas baleiras aulas con risas e choros que resonarán en todo o colexio. Este curso   espéravos cargado de novas e sorpresas, asi que ánimo a todos e a todas.

Para poder  acostumarnos á volta ás aulas,  que mellor forma que seguir as recomendacións dos expertos quenes falan dun periodo de asimilación de horarios.

Asi que………. MANS Á OBRA

PARABÉNS A TODOS

Durante os meses de xullo e agosto varios dos nosos pícaros celebraron o seu aniversario, e dende aquí queremos felicitalos a todos  eles.

MOITAS FELICIDADES SARAI, ELENA, SILVIA, RUBÉN e MARCOS

Party

Se algún de vós quere compartir algunha fotografía  tomada ese día, podedes mandala ao correo electrónico da aula (ospicarosdevane@hotmail.com) e subireina encantada.

FESTA FIN DE CURSO

Antes de iniciar esta nova andaina vamos a recordar como rematou a anterior.

Como todas mamis e papis sabedes o último luns de clase, tivemos unha xornada moi divertida en Pontemaril. Gozamos cos xogos, coa comida, co bo tempo, e como non cos inchables, aos cales subirmos e subimos e subimos……..

Aqui vos deixamos unha mostra do que foi aquel día.

A NOSA VISIÓN DOS BOMBEIROS

A pesares de rematar este proxecto no mes de xuño, pareceume interesante deixar constancia nesta entrada da visión que teñen as nenas e os nenos de tres anos dosbombeiros. Despois das visitas, visionados de videos, lectura dos contos e libros de información…., cada un dos cativos prestou atención a un aspecto do oficio de bombeiro. O que máis lle chamou a atención foi a mangueira e o camión de bombeiros.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS