Esta tarde tivemos unha contacontos marabillosa, a cal nos presentou a historia de Russell el borrego. Este conto narra a divertida historia dun diferente cordeiro, que non é capaz de durmir; inténtao durante longas horas, de diferentes posturas…. ata que por fin, é capaz de durmir ……, pero sabedes como?. Preferimos deixar aberta a porta á curiosidade de todos e de todas, convindándovos a que procuredes a resposta no seo do libro.
Sen lugar a dúbidas, Robert Scotton, o seu autor, namorounos a todos presentando nas mans de Marta, unha historia que ben a poderiamos contar antes de nos deitar. Pero, que fan os picariños para durmir?:
Pablo: eu tapo os ollos e punto.
Rocío: e eu estou un pouco desperta, e despois durmo.
Uxía: empezo a pensar a pensar, estou moito tempo durmindo, ata que as galiñas fan ruido e xa me desperto.
Alicia: me quedo despierta y después me duermo.
María: mami leme un conto e tápame.
Rubén: algunas veces mamá me le un cuento, algunas veces no.
Carla: yo teño sede e vou a cocina e bebo, e despois teño sono e durmo; tapo os ollos e non teño nada de medo.
Marcos: antes de durmir merendo (referíndose a cena)
……….
E, agora só falta Russell, onde estará?. Xa estará durmindo?.





3 comentarios:
Gracias Marta, esperamos o vindeiro conto con moita ilusión.
Que graciosos os debuxos dos picariños!!!!!!!!!!!!!!!!!!
A verdade e que teñen moita imaxinación, grazas polo comentario.
Publicar un comentario en la entrada