Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

sábado, 10 de marzo de 2012

RECETAS MÁXICAS DE OUVIRMOS

P1090985

Na tarde de hoxe estivemos a realizar un dos talleres máis divertidos e diferentes  deste curso. Nesta ocasión, da man de Miguel e Daniel, dous grandes cociñeiros,  Sarai, María, Manuel, Silvia, Alicia e Sabela puideron facer galletas de vampiros e unhas mini-pizzas riquísimas.  

O Taller de Cociña en imaxes

P1090918  P1090951  P1090952

 

P1090916

Só me queda agradecervos a vós, familias, por achegarvos cos cativos/as aos Pazo, e permitirnos a Marta e mais a min gozar dunha tarde na cociña con eles.

4 comentarios:

Vanessa dijo...

Moitas grazas a Raquel (a mamá de Alicia e de Sabela), a Esperanza e ao papá de Sarai, a Raquel (a mamá de Manuel), Sonia (a mamá de Silvia),Belén (a mamá de María)e aos convidados como Martín e a tia Nely.
Grazas a todos, agora só queda gozar co libro de receitas que nos agasallaron, creo que gañas non lle faltan.

silvia arca dijo...

Que tarde de sábado , máis xenial, así da gusto. Que pequenos grandes artistas.

Anabel García dijo...

Felicitacións aos cociñeiros e cociñeiras,aos pais/nais entregados,aos que teñen iniciativas e as tolas que as levan a cabo.

Vanessa dijo...

Moitas grazas polos vosos comentarios; esperamos poder seguir imaxinando e desenvolvendo propostas como a deste sábado e sobre todo, contar coa colaboración de todos/as vós.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS