Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

viernes, 1 de junio de 2012

COCIÑA EN FAMILIA

Durante este curso, é sabido por todos que estivemos  a realizar un Taller de cociña. Elaboramos madalenas disfrazadas, arañas de oreo (polo Samaín), bocaditos de Paz (polo día da paz), Doce de Amor (polos Namorados), ratiños de fresa (coa chegada do bo tempo)... 
Simultáneamente e coa axuda das nosas familias, elaboraramos un Receitario Viaxeiro, que trouxo, en máis dunha ocasión, proba de saborosas receitas á aula: galletas con formas de Kitty, tartas de osiño e bonecos, rosquillas, orellas...... 
Como non podía ser doutro xeito, quixemos rematar este taller coa participación dos pais e nais dos picariños.
Deste xeito, inauguramos Cociña en Familia, actividade, que se desenvolveremos durante este mes de xuño, no cal, os pais e as nais que o desexen poderán visitarnos e elaborar connosco unha receita sinxela e divertida. 
Agardamos pronta a vosa visita.

No hay comentarios:

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS