Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

lunes, 11 de junio de 2012

O NOSO PEIXE


Cociña en Familia está a ter un gran éxito, e xa contamos con varias mamás que participaron da actividade; das súas visitas iremos dando conta en vindeiras entradas.
A primeira Cociñeira en chegar foi Raquel, a mamá de Manuel, que nos trouxo unha deliciosa receita: O Peixe-Sandwich. Para a súa elaboración precisamos: 
  • Pan de molde
  • Chourizo (cortado en forma circular)
  • Salchichón (cortado en forma circular)
  • Queixo
  • Lambonada con forma de corazón
  •  Sirope de Chocolate















Unha vez citados os ingredientes, comeza o proceso de elaboración, nesta ocasión decidimos facer esta receita por parellas. Os pasos foron os seguintes:
  1.  Colocamos o pan de molde facendo o rombo, e cortamos outra  rebanada á metade (simulamos a cola).
  2. Comezamos a poñer o chourizo e o salchichón, de fóra cara dentro, para ir cubrindo a rebanada.
  3. Despois poñemos a liña do medio de queixo.
  4. Para rematar, só queda poñer a lambonada con forma de corazón e pintarlle o ollo con sirope de chocolate e un palillo.

 
Unha vez rematado, so quedaba degustalo, ummmm que ben nos soubo, non quedou nada. 


Moitas grazas Raquel, por poder compartir un anaquiño do teu tempo, e sobre todo por ensinarnos unha nova receita. 

1 comentario:

Vanessa dijo...

Moitas grazas Raquel,aos picariños encantounos poder compartir contigo unha tarde de cociña.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS