Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

viernes, 19 de octubre de 2012

CALENDARIOS

Durante este curso escolar os picariños, ao igual que fixeron estos cursos pasados, contamos cunha rutina, a primeira da mañá que se corresponde, ao igual que moitos outros cole, con poñer a data e reflectila no calendario do mes correspondente, pois ben, así o fixeron. Aquí podedes ver o calendario completo, onde tamén se encargaron de rexistrar o tempo correspondente cos días de clase.



Agora ben, este ano decidimos que isto non ia a ser todo, e engadimos un dito por cada mes, neste caso rezaba así:

COLLE O VIÑO NO MES DE SAN MIGUEL SE TODO O ANO QUERES BEBER

Este dito serviunos para poder investigar sobre a vendima, un proceso un tanto descoñecido polos nenos, pero que nalgún fogar do rural esperta unha gran curiosidade. En vindeiras entradas iremos contándovos o traballo realizado nesta pequena secuencia didáctica.

1 comentario:

Vanessa dijo...

A verdade e que con este cativos as programacións non serven, que por que?, porque eles teñen os seus propios intereses, feito que quedou manifesto con esta secuencia.
Ademais de memorizar o dito do mes de setembro, tamén quixeron obter información sobre as uvas. De novo una secuencia que xorde deles, e que nos leva a tratar aspectos moi interesantes e variados, e sobre todo próximos. Seguro que os cativos compartiron esa información con vos familias ou non?. Xa nos contaredes o que está sucedendo nos vosos fogares.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS