Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

lunes, 22 de octubre de 2012

EL REY CON OREJAS DE CABALLO



Un novo conto chegou as nosas mans, neste caso grazas a unha das nosas picariñas, Silvia, quen a semana pasada nos sorprendeu cun fermoso conto "El rey que con orejas de caballo" de Eric Maddem. Nel cóntase a historia do rei Marcos, un rei diferente, un rei con orellas de cabalo que trata de disimulalo cun pano de seda.
Esta historia permitiranos axudarlle aos máis pequenos a que non teñen que sentir vergoña co seu corpo, forma de ser.....

Queredes escoitalo? 

Trala súa lectura decidimos debuxarlle nós as súas orellas, como serían? Pensamos nos cabalos e como estes teñen as súas orellas, e tamén comparamos coas orellas doutros animais. A maiores compoñemos o nome do protagonista do conto, do rei, que sorte!!! nós tamén contamos cun Marcos na aula.



1 comentario:

Vanessa dijo...

Grazas a familia de Silvia por achegarnos este fermoso conto, esperamos que sigades compartindo con nós a vosa particular biblioteca familiar. Graciñas.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS