Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

miércoles, 29 de febrero de 2012

RUSELL EL BORREGO

portada-russell-borrego_grande

Esta tarde tivemos unha contacontos marabillosa, a cal nos presentou a historia de Russell el borrego. Este conto narra a divertida historia dun diferente cordeiro, que non é capaz de durmir; inténtao durante longas horas, de diferentes posturas…. ata que por fin, é capaz de durmir ……, pero sabedes como?. Preferimos deixar aberta  a porta á curiosidade de todos e de todas, convindándovos a que procuredes a resposta no seo do libro.

        1

Sen lugar a dúbidas, Robert Scotton, o seu autor, namorounos a todos presentando nas mans de Marta, unha historia que ben a poderiamos contar antes de nos deitar. Pero, que fan os picariños para durmir?:

Pablo: eu tapo os ollos e punto.

Rocío: e eu estou un pouco desperta, e despois durmo.

Uxía: empezo a pensar a pensar, estou moito tempo durmindo, ata que as galiñas fan ruido e xa me desperto.

Alicia: me quedo despierta y después me duermo.

María: mami leme un conto e tápame.

Rubén: algunas veces mamá me le un cuento, algunas veces  no.

Carla: yo teño sede e vou a cocina e bebo, e despois teño sono e durmo; tapo os ollos e non teño nada de medo.

Marcos: antes de durmir merendo (referíndose a cena)

……….

E, agora só falta Russell, onde estará?. Xa estará durmindo?.

img031

img025img026

img028

img027

img030

 

 

 

img029

martes, 28 de febrero de 2012

XOGAMOS COS ALIMENTOS

O taller de cociña que estamos a desenvolver durante este curso estanos a permitir incidir na importancia e necesidade dunha alimenación equilibrada.

Ademais de tocar os alimentos, tamén utilizamos diferentes xogos da rede, para coñecer e divertirnos coas diferentes propostas.


Imagen15


Imagen12


Imagen13


Imagen16



Imagen17


Imagen18

lunes, 27 de febrero de 2012

UNHA TORTA DE CHOCOLATE

O Receitario estivo na casa da nosa picariña Silvia e, nesta ocasión, a receita que realizou coa súa familia foi unha saborosa torta de chocolate. Como podedes comprobar estaba moi orgullosa do proceso  e do resultado.

P1090523P1090521

P1090524

 

P1090522

domingo, 26 de febrero de 2012

VIDEOS DE HELLO KITTY

Coa degustación da nosa Supergalleta, abríusenos o apetito de Hello Kitty, por iso aproveitamos para visionar varias aventuras desta fermosa gatiña branca, todas elas relacionadas coa comida: alimentos, galletas e os modais á hora de comer.

Aventuras en el mercado

Hagamos Galletas

Malos Modales

sábado, 25 de febrero de 2012

SUPERGALLETA DE HELLO KITTY

Hello Kitty chegou o noso cole, pero non de calquer forma, pois non, nesta ocasión da man de Rocío, unha das nosas picariñas, que coa axuda dos seus papás, do tío Juan e da tía Susana conseguiron facer esta “ Supergalleta”.

P1090352

Moitas grazas familia, estaba deliciosa.

P1090360

P1090362

Como podedes observar Rocío explicoulle con todo detalle o proceso na elaboración da súa receita.

P1090354

P1090353

viernes, 24 de febrero de 2012

O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


Hoxe fai 175 días naceu unha das figuras máis importantes da literatura e da historia de Galicia: Rosalía de Castro. Poeta e novelista tanto en lingua gallega como a castelá foi considerada como unha das más importantes do sécuclo XIX.
Aquí vos deixamos un dos seus fermosos poemas: TRES PITAS.

jueves, 23 de febrero de 2012

DOCE AMOR

P1090511A semana pasada celebramos no colexio o Día de San Valentín, día dos namorados, e a aula de catro anos, non se quedou atrás, como non podía ser doutro xeito, decidiu facer un biscoito para compartir con todos e todas,  nesta ocasión foi un biscoito de amor.

Aquí vos deixamos algunha das imaxes do noso proceso, como non agradecer as nosas cociñeiras, xa que precisamos a súa axuda para poder cocer este doce. 

P1090507P1090516

 P1090515

viernes, 17 de febrero de 2012

FELIZ ENTROIDO

O policía Manuel, a fada Alicia, as princesas Uxía, Carla e Silvia, os paiasos Ruben e Marcos, a maga María, a bruxa Rocío, o ninja Pablo e a boneca Sarai queren desexarvos a todos un

FELIZ ENTROIDO

 

P1090643

ATA O XOVES!!!!

jueves, 16 de febrero de 2012

XOVES DE COMPADRES E DE COMADRES

A semana pasada iniciamos o Entroido no noso centro, e como, vos preguntaredes. Pois ben, a profe Patricia tivo unha idea, celebrar o día das Comadres e dos Compadres.

Así, no primeiro os nenos levan a súa COMADRE (un boneco de sexo feminino feito en papel) e as rapazas intentan arrincarllo, e no segundo, as nenas levan o seu COMPADRE (un boneco con sexo masculino) e os nenos intentan arricarllo.

Aquí tendes unha mostra dos nosos Compadres e das Comadres

P1090329 2012-02-09 10.41.34

miércoles, 15 de febrero de 2012

ROSQUILLAS!!!

O  Receitario Viaxeiro visitou a casa de Uxía  e de volta trauxo unha nova receita: Rosquillas,  e unha bandexa cargadiña de rosquillas que gustosos degustamos.

Moitas grazas familia, estaban moi saborosas.

 la foto1la foto8 

martes, 14 de febrero de 2012

SORPRESA!!!

Como xa comentaramos durante este segundo trimestre, na nosa aula, estamos coñecendo diferentes técnicas, e sobre todo, experimentando de cheo coas cores.

Así, partindo da historia de pequeno azul e pequeno amarelo, os nosos pícaros realizaron un dos mellores descubrimentos, xa que cando o pequeno azul (un dedo) e o pequeno amarelo (outro dedo) se abrazan convértense nunha única cor: a cor verde.

Que gran sorpresa!!!

P1090275

P1090296   P1090299

lunes, 13 de febrero de 2012

PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

Durante este segundo trimestre decidimos traballar o conto Pequeno Azul e Pequeno Amarelo da editorial Kaldrankada de Leo Lionni, o cal nos permitirá achegarnos ao uso de diferentes técnicas plásticas e traballar valores tan importantes como a amizade.

Para que vaiades abrindo boca deixámosvos aquí o conto, gozade coa sua lectura, tanto como nós o fixemos na aula.

domingo, 12 de febrero de 2012

RECETA DA PAZ

 

As receitas están a ser moi importantes neste curso, por iso, nesta ocasión, quixemos facer unha receita moi, pero que moi especial, e decidimos facernos a  seguinte cuestión, que precisaríamos para a receta da paz?

A resposta foi unánime: INGREDIENTES, pero, cales?

Uxía: moitos abrazosPAZINERO

Rocío: millóns de besos

Alicia: caricias

Pablo: moitasssss

Rocío: mimos

María: moitos máis besos

Rubén: muchos más abrazos

Carla: muchos más abrazos

Rocío: necesitamos estar contentos

Marcos: moi contentos

….

A nosa conversa continuou, e todos estivemos de acordo que para  a nosa receita da paz precisabamos os seguintes ingredientes:

- Millones de abrazos

- Catro millóns de besos

-Sete caricias

- Cincuenta mil oito mimos

- E sobre todo, estar contento todas as semanas

Preparación:

Xuntamos todos os ingredientes, mesturamos, amasamos e batemos. Botámoslle un pouco de nata e listo para tomar.

vladstudio_black_cat_white_cat_color1_1280x1024_signed

sábado, 11 de febrero de 2012

BOCADITOS DE PAZ

P1090257

A maiores, e dado que durante este curso estamos a desenvolver un Taller de Cociña, os pícaros de catro anos decidimos agasallar a todos os nosos compañeiros  e mestres cuns Bocaditos de Paz.

O proceso foi moi laborioso, xa que tivemos que decorar as bandexas, cortas os bocaditos coa forma de corazón, e preparar os palillos para poder pinchar o bocadito. O resultado foi estupendo e todos puideron saborear o seu bocadito de paz.

P1090153

P1090140

P1090139

 

P1090155

P1090156

ABRAZOS GRATIS

P1090242O pasado venres 2 de febreiro, celebramos no colexio o Día Escolar e da Non Violencia. A aula de catro anos quixo festexar este día regalando abrazos. E así foi como o fixemos, confeccionamos uns cartaces alusivos e recorremos o cole esperando eses tan desexados abrazos.

P1090258

 

 

 

 

 

 

 

 

P1090260

 

 

 

 

 

 

 

P1090253

Pero esta idea, non xurdiu da nada, na plataforma you tube atoparedes videos alusivos a esta acción tan bonita.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS