Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

viernes, 30 de marzo de 2012

BOA PASCUA

O tempo vai pasando e os trimestres rematan. Alá van estos meses de duro traballo e moitas diversións e aprendizaxes, agora tocar descansar e coller novos folgos para a recta final.


(Imaxe da portada dos traballos do segundo trimestre dos picariños)

OS PICARIÑOS EN ACCIÓN

Durante estas semanas o tempo tan primaveral, e incluso poderiamos dicir que tempo de verán, permitiunos xogar ao aire libre, aí tendes o trailer de Picariños en Acción.

domingo, 25 de marzo de 2012

DEBUXANDO BOMBILLAS

Todos os inventos que estamos descubrindo estámolos a representar graficamente, pois ben, as bombillas non ían ser menos, aquí tendes as nosas representacións.

A que  semellan reais?

img040 img037 img038 img039

LA BOMBILLA MAS FAMOSA DEL MUNDO

Cando falamos  de lámpadas ou bombillas, non podemos esquecernos de mencionar a máis famosa do mundo.

Pero que non sabedes que hai unha bombilla famosa?. Pois si, e  atópase en California nun parque de bombeiros, ollade, ollade.

Agora ben, parece ser, que no ABC deste pasado venres 16 de marzo se publicou a noticia de que un enxeñeiro español acaban de crear unha nova bombilla  que competirá coa californiana, xa que non ten data de caducidade.

sábado, 24 de marzo de 2012

O MUNDO DOS INVENTOS NO SYMBALOO

A través da aplicación Symbaloo recollemos os enlaces e os vídeos que fomos descubrindo durante o transcurso deste proxecto. Esperamos que vos sirva de axuda, e sobre todo poidades afondar en curiosidades de inventos tan cotiás como o coche, o teléfono….



QUEN FOI THOMAS ALVA EDISON?

EDISON foi un gran inventor, e será a quen lle debamos  inventos como a bombilla, o fonógrafo,  a máquina de escribir, o cinetoscopio, … chegando a patentar mil noventa e tres inventos.

 

TIPOS DE LÁMPADAS

Ao estudar este invento, descubrimos que existe unha gran cantidade de lámpadas, diferenciando en tres grandes tipos. Para unha maior comprensión atopamos este enlace recollido do IES María Zambrano. Preme encima da lámpada verde para acceder ao enlace.

 bombeta_verd

viernes, 23 de marzo de 2012

PRENDENDO E APAGANDO BOMBILLAS

Os venres acudimos á aula de informática onde gozamos dos e cos ordenadores e tamén da Pizarra Dixital Interactiva.

Nesta xornada xogamos a acender e apagar o número de lámpadas que nos indicase o recadro.

Pasámolo xenial,  incluso gañamos trofeos, mirade, mirade ….

 P1100226P1100222

 

 

 

 

 

 

 

P1100223P1100225

 

 

 

 

 

 

 

P1100224

 

 

P1100227

XOGAMOS COAS BOMBILLAS

E por que non xogar a contar bombillas?. Animádevos e gozade con este xogo Vedoque.

Imagen1

Imagen15

A BOMBILLA I

Seguimos coñecendo inventos, e nesta ocasión  investigamos e traballamos coa información que trouxeron Rubén e de Sarai sobre as BOMBILLAS . Este invento está nas nosas vidas, agora ben, parámonos algún intre a mirar a forma que teñen? que tipos hai? como se chaman as súas partes?.

jueves, 22 de marzo de 2012

O AUTOMÓBIL II

As nosas pescudas están a dar os seus froitos, e xa coñecemos máis datos sobre os coches, e as súas partes, que non volo credes?, pois mirade, mirade ben.

P1100064

img036  img034 

 

 

 

 

 

 

img035

 

 

 

 

 

 

 

img033

miércoles, 21 de marzo de 2012

O AUTOMÓBIL I

Unha vez creada a roda, quedaba outro invento moi importante, e o cal utilizamos a diario P1100136na nosa vida, o automóbil. Nikolaus Otto foi quen inventou o motor de explosión, é dicir unha explosión controlada que se producía cando unha chispa prendía ao mesturarse o aire coa gasolina. Este descubrimento revolucionou todo o mundo dos automóbiles, xa que nun inicio eran de vapor, pero despois os alemáns Karl Benz y Gottlier Daimler crearon os primeiros coches modernos. 

Un dos autos máis coñecidos foi o poxectado por Henry Ford, o Ford T, que conseguiu un alto nivel de vendas.

ford t 00

Queredes saber máis?

Aquí tendes varios vídeos da serie  de debuxos animados Érase una vez… Los inventores: Ford y la aventura del automóvil.

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

Na aula de 4 anos quixemos celebrar este día cun poema de Antonio García Teijeiro, musicado polo grupo galego Mamá Cabra: Nunca reparas en min. Unha triste historia de desamor entre un ratiño e unha lúa.




UN RATO DÍXOLLE Á LÚA:

-NUNCA REPARAS EN MIN;

POR ESO VIVO NA RÚA

METIDO NUN CALCETÍN.



ELA FITOUNO ABRAIADA.

DÉRONLLE GANAS DE RIR.

DAQUELA APAGOU A LÁMPADA

E DISPÚXOSE A DURMIR.



POLO DESPREZO DA LÚA,

O RATIÑO ALPORIZADO,

BERROULLLE CON MOITA FORZA:

- XA NON ESTOU NAMORADO!



Tamén podedes escoitalo se queredes, nesta ocasión da man de Mamá Cabra






Dende a biblioteca tamén quixeron celebrar este día. o Día da Poesía, e por iso nos regalaron a todos os picariños un caravel e un poema.


P1100199P1100195


P1100194


P1100196


P1100198


martes, 20 de marzo de 2012

UN MUNDO DE CORES

Como xa dixemos nunha entrada anterior estamos a traballar co conto Pequeno Azul e Pequeno Amarelo, pois ben, nesta ocasión decidimos  descubrir que ocorre se miramos a través de papeis de cores: azul, amarelo; e o máis importante, que ocorre cando poñemos os dous papeis superpostos?. 

Podedes probar os nosos picariños xa o fixeron. 

 P1100143

P1100141P1100152

lunes, 19 de marzo de 2012

DÍA DO PAI

PostalDiaDoPai_grande

PARABÉNS A TODOS OS PAPÁS DO MUNDO, E LEMBRADE QUE PARA OS VOSOS PEQUENOS E PEQUENAS SODES OS MELLORES.

domingo, 18 de marzo de 2012

SEMANA DA PRENSA

Durante esta semana estivemos a celebrar a conmemoración da Semana da Prensa, marcada polo noso calendario escolar.

Pois ben, dende a nosa aula de catro anos decidimos recoller  algunha noticia da prensa desta semana e comentala, pero sobre todo, quixemos  coñecer as partes que a compoñen; distinguiremos entre data, foto, titular e corpo da noticia.

P1100119

P1100084P1100087P1100117P1100112  

 

P1100124P1100116  

sábado, 17 de marzo de 2012

A RODAR II

arton1611

A nosa investigación comeza coñecendo a historia da RODA, cando se inventou? quen?como o fixo?.

Coñecer cando se inventou  a roda e case totalmente imposible, pero o que si podemos afirmar e que se inventou fai moitos, moitos anos. A roda máis antiga, ata o momento, atópase en Eslovenia e data de 3000 anos antes do nacemento de Cristo.

Outra incógnita é determinar a persoa que inventou a roda. Os historiadores afirman que teriamos que remontarnos á rexión de Mesopotamia para atopar ao descoñecido autor deste descubremento tan importante nas nosas vidas.

A RODAR I

O primeiro dos inventos no cal profundizamos foron as RODAS, tan importantes na nosa vida cotiá, xa que cantos obxectos teñen rodas?. Coa axuda das nosas familias descubrimos que  hai moitos obxectos que teñen rodas como os carritos, os patinetes, a aspiradora, o coche………

P1100075

P1100072

P1100074 

Agora ben, podemos atopar diferentes tipos de rodas, sabedes cales???

P1100063

 P1090777 P1090778

viernes, 16 de marzo de 2012

UN INVENTO PARA CADA DÍA

Aplicación de gran interese a través da cal descubrimos inventos moi útiles dentro da nosa historia e das nosas vidas.

Imagen12Esta aplicación deseñouna Julián Trullenque do CEIP Mariana Castillo (Villamayor)

O MUNDO DOS INVENTOS

Durante este segundo trimestre estamos a desenvolver un proxecto relacionado co mundo dos inventos. Para iso as nosas familias están a colaborar traendo información ao respecto, fixádevos cantas cousas temos.

 P1100134P1100133

P1100136P1100130 P1100127 

 

 

 

 P1100131

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS