Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

sábado, 28 de abril de 2012

CÓNTASNOS UN CONTIÑO? NA PRENSA

O entusiasmo e as ganas postas durante esta semana traspasaron as fronteiras da aula, chegando aos vosos fogares, e tamén a prensa. Este sábado tanto O faro de Vigo como La Voz de Galicia, na sección de A Estrada-Forcarei, fan claras alusións a actividade, recollendo fermosos textos e titulares: 

Los cuentos ilusionan a los niños de cuatro años del colegio de Forcarei



 MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA  COLABORACIÓN

viernes, 27 de abril de 2012

CÓNTASNOS UN CONTIÑO? (5ª parte)

Xa chegamos a venres, e con este o remate da actividade para conmemorar o Día do Libro. Nesta xornada acudiron a aula Raquel e Montse, mamá Manuel e Uxía respectivamente. 

A primeira visita en chegar foi Raquel, quen traia dous contos debaixo do brazo. O primeiro, e como non podía ser doutro xeito era Un conto cheo de lobos da editorial OQO, xa que a Manu encántanlle os lobos. Este conto está cheíño, cheíño de lobos;  lobos grandes, lobos pequenos, lobos durmidos, lobos espertos, lobos xigantes, lobos ananos......

Aquí vos deixamos algunhas imaxes do conto, esperamos esperten a vosa curiosidade?.



 

O segundo conto tamén era moi especial, e espertou a curiosidade dos picariños, xa que nel aparecía un singular personaxe, el pirata Pata de Lata da editorial Kalandraka. Este pirata trouxo un doce tesouro que veredes no vídeo que engadimos ao final desta entrada.




Eu atopei unha canción do Pirata de Lata que espero vos guste.


Montse, o segundo contacontos, decantoune por un conto clásico que lle encanta a Uxía, Brancaneves e os sete ananos.
Sen lugar a dúbidas durante esta semana tivemos variedade e cantidade de contos. Agora só quedar agardar á próxima. 
Grazas a todos e sen máis o video deste venres.






jueves, 26 de abril de 2012

O ARXINA E O FELO

A xornada aínda non rematara, xa que a partires das 15.15 da tarde gozamos co espectáculo O Arxina e o Felo producido pola compañía de monicreques Viravoltas, partindo dun texto de Francisco Rozados, coñecido por todos como "Rochi". Esta pequena obra conta a lenda sobre a construción dunha ponte. A destacar a inclusión de palabras dentro da obra do latín dos canteiros (arxinas) fala específica deste oficio. O espectáculo, cos seus protagonistas principais, os  arxinas fixeron as ledicias de pequenos, non fai falla comentalo, mirade nas imaxes, xa o din todo.

video
Aquí vos deixamos o video promocional do espectáculo. 


CÓNTASNOS UN CONTIÑO? (4ª parte)

Hoxe tivemos moitos visitantes e sobre todo, e máis importante moi bos contacontos. 
A primeira hora da mañá recibiunos Raquel cun conto moi divertido Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis da editorial Kalandraka.



Se queredes ler este conto podedes facelo premendo no enlace que se vos adxunta de A Xanela Máxica de terceiro do CEIP de Bergantiños, Carballo, quenes prepararon un LIM deste conto.

Despois do recreo tivemos unha visita dobre, tío Juan e o irmá de Rocio, Dani, viñeron a lernos un conto de Miriam Sánchez, Onde perdeu Lúa a risa? da editorial Kalandraka, e trouxeron unha gran sorpresa que provocou unhas risadas.
E vós sabedes onde perdeu Lúa a risa?

 


Xa para rematar este xoves, Cristina, a mamá de Marcos, achegouse ata a nosa clase para delitarnos cun clásico que nos entusiasma escoitalo, unha e outra vez, Os tres porquiños

Que divertido ver o lobo co cu todo queimado!

E sen mais, só queda presentarvos este xoves en imaxes, e agradecerlle a Raquel, Juan, Daniel e Cristina a súa participación.


martes, 24 de abril de 2012

CÓNTASNOS UN CONTIÑO? (3ª parte)

Os contacontos seguen chegando, e os nosos picariños están moi entusiasmados e ensimismados. Nesta xornada de mércores tocoulle o turno a dúas mamás, a de María, Belén, e a de Rubén, Teresa.

Belén presentounos o conto Un becho estraño de Factoria K de libros, que comeza así: "Mira que mira mirando, atopei un becho estraño, coa feitura dun ovo: gordo arriba, abaixo fraco. Tiña por riba dous pés, entre os pés un longo rabo........". Xa sabedes de que se trata?




E, como non se poñían de acordo, tamén nos contaron Caracol e Caracola da editorial OQO. 





Mirade que fermosas ilustracións!, no seguinte vídeo  poderedes ver unha versión deste conto.




O segundo conto deste mércores veu da man de Teresa, quen nos presentou unha toupiña, pero non calquera, senón  A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza da editorial Kalandraka.

Buscando, buscando atopei un video do conto da toupiña en castelán, e outro  no que canta a historia acontecida. 

A CANCIÓN

O CONTO EN CASTELÁN


A maiores, e para coñecer un chisquiño máis esta toupiña, que vos parece se xogamos?. Aquí vos deixamos unha actividade LIM realizada por Naiara do CEIP de Viñas, Poio. Para poder xogar premede no texto que aparece debaixo da toupiña.
E xa por fin, aquí chega o video desta xornada, moitas grazas mamis pola vosa participación nesta actividade. 


CÓNTOCHE UN CONTIÑO? from vanessa.arca on Vimeo.

O TELÉFONO

Seguimos a investigar, e agora afondaremos no teléfono, un invento que está de cotío nas nosas vidas, e o cal sufriu durante estos últimos anos moitas e moi variadas evolucións. 
Para ir achegándonos a este invento fixemos a seguinte presentación, onde recollemos os datos máis significativos. 

lunes, 23 de abril de 2012

CÓNTASNOS UN CONTIÑO? (2ª parte)

Seguimos a conmemorar o Día do Libro coa actividade "Contacontos por un día". A mamás dos nosos picariños están a acceder gustosamente a participar da lectura de contos. 

Nesta tarde tocoulle o turno a Ana, a mamá de Pablo, quen nos deleitou cun conto  moi divertido ¡No eres tan temible Tim! da editorial Parramon, e a Sonia, mamá de Silvia, que nos contou Caillou.La hermanita da editorial Everest.


Aquí vos deixamos algunhas das imaxes desta tarde.




CONTACONTOS POR UN DíA II from vanessa.arca on Vimeo.

CÓNTASNOS UN CONTIÑO?






Hoxe 23 de Abril, Día do Libro tivemos dúas visitas  inesperadas para os cativos, pero esperadas para a profe. A mamá de Carla e a mamá de Sarai viñeron a contarnos os dous contos favoritos das dúas picariñas. O primeiro conto do cal gozamos foi Ricitos de oro y los tres Osos da editorial Peralt Montagut.O segundo foi O Soño do Galo da editorial A Nosa Terra. 



Fixádevos, fixádevos ben..... Que atentos e concentrados están os picariños!!!, Que entusiasmadas Carla e Sarai!!!



CONTACONTOS POR UN DÍA from vanessa.arca on Vimeo

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Co gallo desta celebración decidimos invitar ás familias e convertelas en 

CONTACONTOS POR UN DÍA

Cada familia, co seu neno ou nena, escollerá o conto para despois deleitaranos coa súa lectura na aula. 
Esperamos ansiosos a chegada de todos, e sobre todo, agradecervos a vosa colaboración, xa que sen ela, esta actividade non tería sentido.  


jueves, 19 de abril de 2012

PRÉSTAMO BIBLIOTECARIO

A lectura, e neste caso os contos, son fundamentais na vida dos nosos pequenos, por iso, dende a biblioteca do colexio quixemos por en marcha o PRÉSTAMO BIBLIOTECARIO.


Todos os cativos e cativas levarán cada xoves un libro para a súa casa, compartirano coas familias, deberán cubrir unha ficha de rexistro moi sinxela, e farán unha valoración con conto escollido. 

Descargar Ficha Rexistro

domingo, 15 de abril de 2012

MUSICOGRAMA

Seguimos na procura de información sobre os nosos inventos, xa que a curiosidad e o interese segue sen decaer. Nesta procura atopamos este MUSICOGRAMA interesante relacionado cun invento do que xa falaramos: OS COCHES. 

You Tube Evainfantil: Los coches- Musicograma

jueves, 12 de abril de 2012

UN LIBRO


Na Pascua os padriños e madriñas sempre agasallan cunha rosca aos seus afillados, pois ben, a nosa aula tamén parece ter unha madriña de categoría: Marta, quen nos agasallou cun dos libros que máis nos gustou ata o momento: UN LIBRO de Hervé Tullet. 





martes, 10 de abril de 2012

HOXE COMEMOS……

RATIÑOS DE FRESA
P1100384
Tralas vacacións de Semana Santa toca regresar a rutina, e como non, de continuar co noso Taller de cociña.
Durante o primeiro e terceiro trimestre, estivemos incidindo en alimentos doces: pasteis, bocadiños. Doces …. Pois, agora é o momento de incorporar a froita, e así foi como o fixemos.
Aquí vos deixamos o video do noso Taller, agardámosvos na próxima.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS