Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

jueves, 31 de mayo de 2012

O RECEITARIO DOS PICARIÑOS

Comunicarvos a todos e a todas, que dende hoxe inauguramos un novo blog, onde os picariños pretendemos seguir afondando, coa axuda das familias, da cociña divertida e familiar.
Este blog pretende servir como referente no tocante a alimentación, as receitas infantís, e sobre todo, tentaremos achegar aos nosos alumnos e alumnas os alimentos de forma orixinal e divertida. 
Na barra lateral dereita atoparedes un enlace directo ao Receitario. Esperamos que o visitedes e, que o que alí atopedes, sexa do voso agrado. 

jueves, 10 de mayo de 2012

PRÉSTAMO BIBLIOTECARIO

Fai un par de semanas xa informamos de que iniciabamos a actividade semanal do Préstamo Bibliotecario. 
Recordemos que os picariños semanalmente deben levar un libro da biblioteca para a súa casa, lelo coa súa familia e facer unha actividade onde rexistre o seu nome, título do conto, un debuxo e a maiores a súa valoración do conto. 
Aquí vos deixamos os rexistros desta semana.

video
 

domingo, 6 de mayo de 2012

AS MAMIS NOS CONTOS

 Ilustración de Nancy Ribard (Blog bibliocolors.blogspot.com.es)
As mamis son moi importantes nas nosas vidas. Esa mesma idea a recollen moitos autores e ilustradores infantiles que utilizan a temática do amor maternal en moitos dos seus contos. Aquí vos deixo a portada dalgúns que nos gustan aos picariños, e a vós cales vos gustan?. Esperamos os vosos comentarios, animádevos!!!.
















Un dos que máis nos gusta e co cal gozamos e o conto Adivina cuanto te quiero.



Queredes deleitarvos coa súa lectura, pois sentade ben tranquilos e tranquilas, poñede toda a atención e recreádevos con esta fermosa historia.

 Preme aquí para poder escoitala





FELICIDADES MAMIS


PARABÉN A TODAS AS MAMIS, E EN ESPECIAL AS DOS NOSOS PICARIÑOS

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS