Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

domingo, 17 de junio de 2012

QUERES SABER MÁIS?


Grazas a magnífica aportación de Carla ao proxecto do libro de información  "Saber más. 16 Inventos muy, muy impresionantes" podemos gozar co visionado desta experiencia de aula da maqueta do Ictíneo de Monturiol.


viernes, 15 de junio de 2012

UNHA XOANIÑA DELICIOSA


Outra receita máis para o noso caixón de Cociña en Familia. Nesta ocasión a mamá de Pablo, Ana, ensinounos a facer unha xoaniña con poucos ingredientes, e tamén nos agasallou cunha gran sorpresa. 

Os ingredientes foron: 
  • Pan de molde
  • Mortadela
  • Fuet
  • Aceitunas negras
A elaboración: 
  1. Poñemos a rebanada do pan de molde encima dun prato.
  2. Despois a mortadela e encima os anaquiños de fuet.
  3. E xa por último, e parte máis complicada, utilizar as aceitunas para poñerlle as patas e a cabaza a xoaniña. 













Pero isto non foi todo, xa que Ana tróuxonos unha sobremesa deliciosa, un ourizo cunhas púas moi sanas e ricas: sandía.Moitas grazas por esta froita tan divertida, da cal todos en maior ou menor medida probamos. 




jueves, 14 de junio de 2012

SUBMARINO


Nesta investigación sobre este novo invento o primeiro que fixemos foi procurar como se chamaba, sabédelo??? Pois si, este é un SUBMARINO. As nosas pescudas seguirán adiante, e tentaremos darvos conta das mesmas. 



miércoles, 13 de junio de 2012

XOGAMOS COAS LETRAS

Na sección dos Os nosos xogos online preferidos atoparedes os seguintes xogos relacionados coa lectoescritura, para que aqueles e aquelas curiosas poidan seguir a investigar.
Fixádevos ben, xa que debaixo dos xogos atoparedes o enlace subliñado para acceder a el. Esperamos que vos guste.

Lectoescritura Junta de Andalucía

Genmagic
 

martes, 12 de junio de 2012

O TREN DOS PICARIÑOS





Cociña en Familia segue a súa andaina; nesta ocasión contamos coa axuda de Belén, a mamá de María, quen nos permitiu gozar da elaboración dun longo tren, como o do conto de Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis, dixeron algúns nenos.Para a súa elaboración precisamos: 
  • Pan de molde
  • Xamón York
  • Queixo
  • Aceitunas
  • Galletas Salgadas redondas
  • Salchichas
  • Maionesa 
A partir de aquí empezamo o proceso: 
  1. Cortamos o pan de molde e friame á metade
  2. Vamos colocando por capas: pan- xamón-queixo, facendo dúas capas
  3. Despois engadimos os vagóns creados con salchichas (por dentro levan un palillo)
  4. Por último, poñémoslle as gallegas salgadas, untadas en maionesa para que peguen mellor, imitando as rodas, e cortamos aceitunas á metade simulando pasaxeiros. 
  5. Queda lembrar que a locomotora, levará unha capa máis en forma de cadrado, metade dos vagóns. e colocarase a salchicha simulando a cheminea. 

Agora só nos queda degustar ese longo tres, o cal nos pareceu apetitoso.

O SUBMARINO

Os Picariños non paramos neste carreira da aprendizaxe, por iso, decidimos seguir coa nosa investigación arredor dos inventos e inventores.Nesta ocasión detivémonos no Submarino.
Para ir abrindo boca, que vos parece gozar con estes videos, esperamos que vos gusten.

lunes, 11 de junio de 2012

UNHA TARDE DE MAXIA

Hoxe gozamos dun luns cheo de actividades variadas. Unha das máis sorprendentes para nós, foi o Mago Nöel, quen acudiu ás 16.00 da tarde para poder facer viaxar e soñar no mundo da imaxinación. Un pequeno video que recolle o sucedido.

 
Por certo, un dos máis entrépidos, Rubén, quixo inmortalizar o momento é sacar unha foto co mago Nöel, sabedes que quere ser de maior? Adiviñade.



O NOSO PEIXE


Cociña en Familia está a ter un gran éxito, e xa contamos con varias mamás que participaron da actividade; das súas visitas iremos dando conta en vindeiras entradas.
A primeira Cociñeira en chegar foi Raquel, a mamá de Manuel, que nos trouxo unha deliciosa receita: O Peixe-Sandwich. Para a súa elaboración precisamos: 
  • Pan de molde
  • Chourizo (cortado en forma circular)
  • Salchichón (cortado en forma circular)
  • Queixo
  • Lambonada con forma de corazón
  •  Sirope de Chocolate















Unha vez citados os ingredientes, comeza o proceso de elaboración, nesta ocasión decidimos facer esta receita por parellas. Os pasos foron os seguintes:
  1.  Colocamos o pan de molde facendo o rombo, e cortamos outra  rebanada á metade (simulamos a cola).
  2. Comezamos a poñer o chourizo e o salchichón, de fóra cara dentro, para ir cubrindo a rebanada.
  3. Despois poñemos a liña do medio de queixo.
  4. Para rematar, só queda poñer a lambonada con forma de corazón e pintarlle o ollo con sirope de chocolate e un palillo.

 
Unha vez rematado, so quedaba degustalo, ummmm que ben nos soubo, non quedou nada. 


Moitas grazas Raquel, por poder compartir un anaquiño do teu tempo, e sobre todo por ensinarnos unha nova receita. 

FICHA DE DOMINÓ



Seguimos a cociñar grazas a colaboración das nosas mamás. Pois ben, nesta ocasión, grazas a mamá de Carla, Mari Carmen, puidemos elaborar unha sinxela Ficha de Dominó. 

Os ingredientes que precisamos foron:

  • Pan de molde
  • Xamón York
  • Chourizo
  • Queixo en lonchas
  • Aceitunas (preferiblemente negras)
A elaboración, moi sinxela:
  1. Estiramos co rolo de cociña o pan de molde.
  2. Engadimos xamón york, chourizo ou queixo, según o gusto de cada un. 
  3. Poñemos a outra tapa tamén estirada encima, a modo de sandwich.
  4. E coas aceitunas cortadas elaboramos a raia do medio e a numeración da ficha. E agora xa está listo para comer. 












jueves, 7 de junio de 2012

PIZZEROS E PIZZERAS


Cociña en familia continúa, e como non podía ser doutro xeito, nesta ocasión convertímonos, da man da nosa cociñeira Montse, en Pizzeros e pizzeras estupendos. Que non volo credes? Ollade, ollade ben.

Os ingredientes son:

  • Base de pizza.
  • Salsa de tomate
  • Xamon York
  • Queixo rilado
  • Aceitunas

Tamén precisamos unha culler para estender a salsa de tomate e un forno ou microondas para quentar/asar a masa. 

O proceso de elaboración é moi sinxelo: 
  1. Poñemos encima dun prato a masa de pizza.
  2. Estendemos salsa de tomate utilizando unha culler.
  3. Cortamos anaquiños de xamón york e poñémolos encima. 
  4. Despois o queixo rilado e as aceitunas, a gusto do consumidor. 
  5. Unha vez listo metémolo no forno ou microondas uns cinco minutos, máis ou menos. E listas para comer.









A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS