Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

miércoles, 31 de octubre de 2012

TEMOS GAÑADORES

Pois si señores, este ano, os picariños conseguimos tres premios na categoría infantil, quedando do seguinte xeito:




O terceiro e o segundo premio levaron un diploma acreditativo, e o primeiro premio obtivo un agasallo especial:un fermoso conto alusivo as cabazas e moi coñecido para os nosos picariños: A casa do rato Renato. 

CABAZAS, CABACIÑAS

O Halloween chegou e con el as fermosas cabazas  coas cales, as familias e mailos picariños nos deleitan ano tras ano. Ollade, ollade ben as fermosas cabazas que trouxeron ao colexio os nosos alumnos. 



Unha visto o traballo agradecervos a pequenos e aos non tan pequenos, a realización e participación nesta actividade.Esperamos que continuedes con tanto entusiasmo en vindeiros anos. 

domingo, 28 de octubre de 2012

LEVAMOS Á VENDIMA A PRIMARIA

Levamos varias semanas a falar da vendima, do proceso, dos útiles, ... pois ben, xa chegou o momento de dar un paso cara diante, e facer de expertos diante dos nosos compañeiros. Así que preparámonos e fomos a aula de 3º de Primaria, xunto a profe Anabel e os seus alumnos para lle explicar o que aprenderamos. 

Tanto os pequenos como maiores quedaron encantados con esta visita e como non, coa información que lle demos. Incluso lles deixamos unhas actividades para que puidesen repasar o que lle  comentaramos. 

Moitas grazas ao rapaces de 3º e a profe Anabel pola acollida e pola atención amosada. Os picariños esperamos que esta actividade sexa o inicio de vindeiras colaboracións. 















A profe Anabel no seu blog tamén comentou algo da nosa visita, ollade no seguinte enlace http://orecunchodasfadas.blogspot.com.es

jueves, 25 de octubre de 2012

COLAXE DE UVAS


A temática da vendima segue a estar presente na nosa aula, tal é así, que decidimos crear un colaxe alusivo a época estacional na cal nos atopamos: o outono, otorgándolle un papel moi importante as uvas, sobre todo aos acios de uvas. Este foi o proceso que realizamos.




miércoles, 24 de octubre de 2012

QUE É PARA TI UNHA BIBLIOTECA

Con motivo do Día das Bibliotecas (24 de Outubro), decidimos plasmar nun debuxo o que era para nós a biblioteca, neste caso centrándonos na biblioteca do noso cole.

Algunhas das ilustraciones dos nosos picariños  foron as seguintes: 

martes, 23 de octubre de 2012

UN VIDEO-UN CONTO

Partindo da temática que estamos a investigar decidimos ver un video de You Tube, e partindo do mesmo, contar a historia que alí sucede. O video que vos presentamos conta unha historia tradicional "A raposa e as uvas" , pero non coñecida polos cativos. 

Tralo visionado, creamos a historia que creamos reza así:

"A raposa quería comer un acio de uvas. Intentou saltar para coller un racimo, pero caeu e se espachurrou a cara no chan e logo volveu estar como estaba. Alí había un paxaro que miraba como facía a raposa. A raposa intentou ver se esta vez conseguía coller o acio, como non o conseguiría ninguna vez, marchouse para o monte. Fin."

lunes, 22 de octubre de 2012

EL REY CON OREJAS DE CABALLO



Un novo conto chegou as nosas mans, neste caso grazas a unha das nosas picariñas, Silvia, quen a semana pasada nos sorprendeu cun fermoso conto "El rey que con orejas de caballo" de Eric Maddem. Nel cóntase a historia do rei Marcos, un rei diferente, un rei con orellas de cabalo que trata de disimulalo cun pano de seda.
Esta historia permitiranos axudarlle aos máis pequenos a que non teñen que sentir vergoña co seu corpo, forma de ser.....

Queredes escoitalo? 

Trala súa lectura decidimos debuxarlle nós as súas orellas, como serían? Pensamos nos cabalos e como estes teñen as súas orellas, e tamén comparamos coas orellas doutros animais. A maiores compoñemos o nome do protagonista do conto, do rei, que sorte!!! nós tamén contamos cun Marcos na aula.



domingo, 21 de octubre de 2012

PROSEGUIMOS A INVESTIGAR

Esta pequena investigación continúa, e como non podía ser doutro xeito utilizamos as ferramentas coas que contamos para incidir nela. 
Nesta ocasión, tendo como base a presentación do slideshare comentada anteriormente, quixemos incidir na lectoescritura, buscando e escribiendo encima da presentación as palabras claves e significativas da temática, tales que uva, racimo, acido pipo, bodega, vendima...... servíndonos dun encerado branco co que contamos na aula. 



sábado, 20 de octubre de 2012

A VENDIMA

O dito do mes de setembro deunos pé a poder investigar sobre o proceso da vendima, polo que durante varias semanas estivemos tratando de buscar información, tanto na biblioteca como a través das fontes dixitais. Neste último caso, destacamos varios enlaces que nos ofreceron de forma sinxela información moi relevante.


viernes, 19 de octubre de 2012

CALENDARIOS

Durante este curso escolar os picariños, ao igual que fixeron estos cursos pasados, contamos cunha rutina, a primeira da mañá que se corresponde, ao igual que moitos outros cole, con poñer a data e reflectila no calendario do mes correspondente, pois ben, así o fixeron. Aquí podedes ver o calendario completo, onde tamén se encargaron de rexistrar o tempo correspondente cos días de clase.



Agora ben, este ano decidimos que isto non ia a ser todo, e engadimos un dito por cada mes, neste caso rezaba así:

COLLE O VIÑO NO MES DE SAN MIGUEL SE TODO O ANO QUERES BEBER

Este dito serviunos para poder investigar sobre a vendima, un proceso un tanto descoñecido polos nenos, pero que nalgún fogar do rural esperta unha gran curiosidade. En vindeiras entradas iremos contándovos o traballo realizado nesta pequena secuencia didáctica.

jueves, 18 de octubre de 2012

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Boas de novo a todos e a todas, os picariños xa estamos de volta.

Xa sabemos que este descanso foi moi longo, máis do que algúns, incluido a que escribe quixera, pero cuestión de forza maior, que fai que non poidamos empregar todo o tempo que desexamos en actualizar esta gran fiestra de novas. 

Esta ventá espera estar chea de grandes novidades e sorpresas, e sobre todo de moitas e moitas actividades coas que mestres, cativos e familias esperamos gozar durante estos nove meses que nos quedan por diante, bueno agora só quedan oito.

Os picariños xa medramos, e agora xa estamos en cinco anos, xa somos os maiores, e tendo en conta isto esperamos saber comportarnos a altura durante todo o curso escolar. 



A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS