Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

viernes, 30 de noviembre de 2012

PARABÉNS MANUEL


O ano está a piques de rematar e con el tamén os aniversarios de cinco anos.
Hoxe é o turno de Manuel, un picariño un tanto pirata que quixo compartir con nós un anaquiño de torta pirata, unhas piruletas piratas e unhas arañas ben divertidas. 

PARABÉNS MANUEL!!!!






jueves, 29 de noviembre de 2012

HARRY Y SU CUBETA DE DINOSAURIOS

Máis vídeos para o noso cesto de películas.


CAILLOU CAZADOR DE DINOSAURIOS

Outro novo video que de seguro fará as delicias dos nosos picariños

1º FASE: COÑECEMENTOS PREVIOS

Cando iniciamos este proxecto comezamos a preguntarnos que era o que sabiamos ao respecto?, como podían ser os dinosauros?, que os diferenciaba doutros animais?..... 
Partindo desta análise interior propia, realizamos o primeiro dos nosos debuxos dun dinosauro. Este serviranos para facer unha comparación final e valorar a información obtida ao longo deste proceso.

video

miércoles, 28 de noviembre de 2012

COÑECEMOS A CUBERTA

Como xa comentaramos na entrada anterior, os contos son unha das ferramentas máis importantes que temos nas aulas, e incluso nas casas dos nosos picariños, por iso temos que aproveitalos e sacarlle o máximo rendemento.
Nesta ocasión serviunos para coñecer as partes da cuberta ou tapa, mal denominada portada, pois para aqueles que non o saibades, a portada e a folla do interior do conto onde volven aparecer o título e máis datos do libro. 
Recollemos todos estos datos na seguinte ficha de rexistro.



martes, 27 de noviembre de 2012

OS TRES BANDIDOS


Manu, un dos nodos picariños trouxo fai unhas semanas o conto Os tres Bandidos de Kalandraka co cal nos divertidos á par que traballamos formación documental, é dicir, cal é a cuberta e contracuberta ou tapa e contratapa do conto, lomo, onde podemos atopar o nome do autor, o do  título e o da editorial.... entre outros aspectos. 
Aquí vos deixamos un video do conto.

Os pícaros o escoitaron con moita atención, tanta, que fixádevos nos detalles dos nosos debuxos.

lunes, 26 de noviembre de 2012

SANTA ICÍA CON CE ORQUESTRA PANTASMA

O 22 de novembro celébrase o Día da Música, Santa Icía, por ese motivo o profe de música convidounos a gozar do Ce Orquestra Pantasma durante a mañá do venres 23. 
Aquí vos deixamos algunhas das instántaneas desa xornada.





domingo, 25 de noviembre de 2012

COLAXE DE MOMIA


Partindo da receita elaborada co motivo do Samaín: A MOMIA, quixemos facer plásticamente o que comeramos días antes. Así que nos puxemos mans á obra, este foi o resultado. 











sábado, 24 de noviembre de 2012

APRENDEMOS E XOGAMOS COS DINOS

Que mundo tan fascinante!!!, canta diversión!!!. Todos os días contamos con novos libros de información, con novos documentos, debuxos, ...... en definitiva, os cativos e cativas están motivados e por iso responden de xeito positivo cara todas as demandas que se lle están presentando.

Tendo en conta a premisa, aprender xogando e xogar aprendendo, decidimos incorporar esta actividade LIM, para coñecer e xogar ao mesmo tempo.

Recollido de http://www.edu.xunta.es/centros/cravilaboa

viernes, 23 de noviembre de 2012

DINÓPOLIS

Grazas a unha das picariñas, María, puidemos descubrir Dinópolis, un parque temático sobre a idade dos dinosauros ubicado en Teruel (España).
María xunto coa súa familia visitou fai uns anos este parque e tróuxonos unhas fotos moi divertidas da súa estancia.
Unha mágoa que non quedase algo máis cerca!!!, dixeron os picariños. Entrade e veredes o que se pode atopar. A maiores enlazamos un recortables e pinta e colorea que ofrece o parque. 


jueves, 22 de noviembre de 2012

CANTAMOS COS DINOSAUROS

Estamo encantados investigando e coñecendo cousas dos dinosauros, nesa procura atopamos esta canción de Iván Escamilla coa cal aprendemos os nomes dos dinos.

miércoles, 21 de noviembre de 2012

PROSEGUIMOS Á INVESTIGACIÓN

O camiño cara o saber é longo, e sobre todo coa temática dos Dinosauros; cada día chegan a aula novos dinosauros, novas ideas, novos coñecementos....., en definitiva, o interese está latente en cada momento da xornada, e iso tentamos aproveitalo ao máximo. 

Nesta ocasión dedicaremos unha entrada aso vídeos sobre os dinosauros, vídeos que nos están a ser de utilidade, para coñecer a estos animais un chisco mellor. 


martes, 20 de noviembre de 2012

UNHA MOMIA NA COCIÑA

O noso Taller de Cociña segue a súa andaina. Nesta ocasión e dado a celebración do Samaín ou Halloween, decidimos confeccionar unha personaxe propia deste mes: a MOMIA. Que divertido! Que ben nolo pasamos!. Agora, os picariños incluso propoñen ingredientes para crear as nosas monstruosas receitas. 

Click to play this Smilebox recipe
Create your own recipe - Powered by Smilebox

UMMMM, QUE RICA ESA MOMIA!!!!!


Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Personalize a photo collage

lunes, 19 de noviembre de 2012

A MOCHILA VIAXEIRA (II)

A nosa Mochila Viaxeira vai e ven cargada de información, xogos e DVDs sobre os Dinosauros; ata o momento visitou a seis dos nosos once picariños.

Todos eles, gozaron do e co seu contido, e agasalláronnos con retratos dos dinosauros, aqueles que máis lles sorprenderon e chamaron a atención.

A maiores, e como novidade nesta Mochila Viaxeira incorporamos unha avaliación do material a través dunha escala de estimación (1 malo, 2 regular e 3 bo). Coa axuda das súas familias, os picariños está avaliando ese material, e por conseguinte, estamos coñecendo coñecendo as preferencias e gustos dos cativos e cativas para  a preparación de futuras mochilas viaxeiras. 





domingo, 18 de noviembre de 2012

RECOLLEMOS INFORMACIÓN

A través dunha nova ferramenta chamada Wix, tentamos recoller  información do proceso que estamos desenvolvendo  na aula sobre os dinosauros. 

Así, se premedes na imaxe poderedes ver fotografías dos picariños investigando, enlaces con información sobre estos "terribles lagartos", xogos (tamén poderedes acceder a través de Queredes Xogar no lateral dereito), imaxes sobre os dinosauros e os datos de contacto por se quixésedes facer alguna valoración.

sábado, 17 de noviembre de 2012

APRENDEMOS COS DINOSAUROS

"Aprendemos cos dinosauros" é o proxecto que estamos desenvolvendo durante estos primeiros meses de curso e co cal pretendemos acadar os seguintes obxectivos:

1.- Diferenciar libros de información de libros de ficción ou contos. 
2.-  Coñecer datos significativos da vida e dos costumes dos dinosauros.
3.- Ser capaz de traballar en parella ou pequeno equipo.
4.- Avanzar na lectoescritura de maneira significativa. 

A aula estase enchendo cada vez máis de libros, informacións, datos, .... pero sobre todo de dinosauros, de moitos dinosauros, grandes, pequenos, carnívoros, herbívoros........ 




viernes, 16 de noviembre de 2012

AUTUMN LEAVES

Este é o título dunha canción que os picariños aprenderon coa "teacher". Como pudéstedes descubrir versa sobre o outono. Os picariños están moi graciosos con esas coroas otoñais!!!!

Preme na imaxe para acceder ao blog 
http://thisisourenglishcorner.wordpress.com

jueves, 15 de noviembre de 2012

OUTONO MICOLÓXICO (II)

A semana dou moito de si, e despois de observar con atención as setas, tocalas, e sobre todo, de escoitar a Roberto, o experto, decidimos que xa chegara o momento de pasalo ao papel.A verdade e que semellan reais. Ai vos deixamos os nosos debuxos das setas. 




miércoles, 14 de noviembre de 2012

OUTONO MICOLÓXICO (I)

Este ano, e dado que a clima nos dou unha tregua, dende o equipo de dinamización da lingua galega quixeron que sairamos ao monte a recoller setas!!!. Os picariños puxéstesvos mans á obra e trouxestes moitas, moitísimas setas. 



Que nervosos estabades cos vosos cestos, caixas, bolsas, cucuruchos...., tanto foi así que esa maña decidimos ir ata o salón, onde as deixaramos, e mirar con moito detemento como eran, as partes, as cores, as formas.... e para iso tivemos unha axudiña especial, Pablo un dos nosos picariños, que demostrou ser un experto mitológico.
Pero non só iso, senón que pola tarde Roberto, un axente forestal achegouse ao centro para compartir con nós unha moi interesante charla sobre a importancia de fixarse ben nas setas que collemos no monte. 

Moitas grazas "teacher" por esta foto.




martes, 13 de noviembre de 2012

XOGANDO NO MAGOSTO

Tal e como comentamos noutra entrada, o venres pasado festexamos o Magosto, e como non pode ser doutro xeito, gozamos del comendo castañas e xogando, xogando moito.
Ollade o que fixemos os picariños, tanto na Carreira de Culleres como no Baile da Castaña.

Xogamos no Magosto from vanessa.arca on Vimeo.

lunes, 12 de noviembre de 2012

PROXECTO DE INGLÉS

Como xa todos sabedes a "teacher" está a participar cos alumnos de 2º de Educación Primaria e 5 anos,  nun proyecto europeo chamado ABCs in Europe. A través del pretenderán coñecer o abecedario en inglés e confeccionar diferentes abecedarios entre os centros participantes.

Durante este mes de outubro tiveron que memorizar e cantar unha canción para a cal vos pedimos unha indumentaria de cor negra. Aquí poderedes ver a gravación, pero non dubidedes en visitar o blog da teacher http://thisisourenglishcorner.wordpress.com e o blog do proxecto europeo abcsineurope.blogspot.com.es para coñecer máis información ao respecto. 


5 years old hymn from María Abilleira Pomar on Vimeo.

domingo, 11 de noviembre de 2012

POEMANDO CON GLORIA

Este curso queremos incluír dentro da nosa aula a poesía, e que mellor forma que da man dunha das mellores escritoras españolas para público infantil: Gloria Fuertes. Para iso, decidimos inscribirnos no "Proyecto Colaborativo Libro Virtual Gloria Fuertes" gestionado por Lourdes Giraldo, podendo colaborar con outros centros, e sobre todo coñecer de xeito máis profundo a Gloria Fuertes a través dos seus poemas. 


sábado, 10 de noviembre de 2012

MOCHILA VIAXEIRA (I)

A Mochila Viaxeira xa comezou a súa andaina; un camiño que ten once paradas, ás cales lles levará ilusión, gañas, alegría e sobre todo, este ano, información, moita, moita información. De qué? vos preguntaredes, pois dos Dinosauros, proxecto no que estamos envoltos neste momento. 
Esperamos que gocedes con ela e, sobre todo, non vos esquezades do encarguiño que vai dentro, que será, será?????


viernes, 9 de noviembre de 2012

MAGOSTO

Este venres foi unha xornada de festa, desas que nos gustan moito aos picariños, xa que celebramos a festa da castaña: o Magosto.

A castaña, froito típico do outono, permitunos xogar e bailar con ela, que non nos credes, ollade.

























Despois pelamos as castañas, ai que dura estaba algunha!, e por último.... as comemos. E entre unha cousa e outra tiznámonos, isto sen lugar a dúbidas foi o que máis nos gustou.







A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS