Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

lunes, 22 de abril de 2013

DOBLE SESIÓN DE CONTACONTOS

Este luns estivo cheo de grandes sorpresas, e sobre todo de grandes lecturas.

A primeira hora visitounos a mamá de Manuel, Raquel quen nos agasallou coa  lectura de A Bruxa Regañadentes, da editorial OQO. Para aqueles que non o coñezades, ai vos vai este video. 

Como se pode ver nas seguintes imaxes gozamos desta contacontos con sorpresa, xa que unha vez rematado o conto, obsequiounos unha gran torta de chuches, ummmm que ricas!!!!. 
 

Moitas grazas Raquel por colaborar nesta proposta. 

Estaredes a preguntarvos, quen ou quenes foron os segundos contacontos, non? Pois....... foron os nosos compañeiros de 3º de Educación Primaria, quenes en vísperas da celebración do Día do Libro, quixeron participar nunha sesión literaria. Puidemos  escoitar tres relatos creados por eles e como non, facerlle infinidade de preguntas.















Moitas grazas a todos eles, por compartir con nós unha tarde chea de moitas inquedanzas arredor da lectura.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Seguro que o conto da bruxa ragañadentes foi estupendo. Nós, pola nosa banda, pasámolo xenial compartindo as nosas creación con vós ,Picariños. Esperamos repetir!!!
A clase de terceiro.

Vanessa dijo...

Claro que si rapaces, estas actividades teremos que favorecelas e fomentalas mái. Ai, e por certo, non vos esquezades de seguir creando, para nós será sempre un luxo poder escoitarvos.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS