Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

jueves, 25 de abril de 2013

SEGUIMOS CON... CÓNTASNOS UN CONTO?




Case cerrando esta semana na cal o eixe central foron os libros, contamos coa visita de dúas grandes contacontos: a mamá de Carla, Mari Carmen, e a mamá de Silvia, Sonia. 

A primeira en chegar foi Mari Carmen, coa cal gozamos da lectura de Un bicho extraño de Mon Daporta da editorial FaKtoría K de libros. Para aqueles que non o coñezades poderedes ver este videoconto contando por Ana Gil, recollido do Laboratorio de la lectura de la Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

E con Sonia, a segunda gran lectora, coñecemos un simpático oso panda, a traves do libro El oso panda y el bambú publicado pola editorial Susaeta.


Como poderes comprobar unha magnífica forma de crear grandes lectores é crear bos contextos lectores, obxectivos primordial desta actividade. A continuación propoñemos unha serie de instantáneas destas lecturas. 

1 comentario:

Vanessa dijo...

Grazas as contacontos por estes momentos lectores.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS