Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

sábado, 26 de octubre de 2013

CHEGAN OS MONSTROS


Xa chega o Samaín e con el o tempo dos esqueletes, pantasmas, cabazas, os monstros…. e como non dos medos.

A editorial Emberly preséntanos dous grandes ollos amarelos, unha longa nariz verde-azulada, unha horrible boca vermella con afiados dentes brancos…… e moitos máis elementos que conforman a cara deste horrible monstro verde que pretende asustarnos sen moito éxito. 




Co libro que aquí vos comentamos, FUERA DE AQUÍ HORRIBE MONSTRUO VERDE,  puidemos traballar o medo cos picariños de tres anos. Unha sinxela narración que se converte nunha perfecta ferramenta para  sacar os medos e dormir totalmente tranquilos. Para iso só precisamos unhas palabras máxicas: ¡FUERA DE AQUÍ! ou GO AWAY! (xa que este libro o atopamos nos dous idiomas: castelán e inglés, e os picariños tamén o traballaron coa "teacher" María). 

A maiores e para seguir incidindo nas partes da cara, cada neno e nena compuxo o seu Monstro Verde. Para iso tivemos que iniciarnos na técnica do picado, algo laborioso a estas idades, a pesares disto quedamos moi contentos co noso traballo. Atópase exposto no corredor de infantil, para que mestres, compañeiros e familias poidan ollalos. 















Deixamos algunhas imaxes dos nosos monstros colocados no corredor de infantil.


3 comentarios:

Anabel dijo...

Este monstro verde deu moito de si; ata serviu para contarllo a quen quixese escoitar...
En fin, Go away monster!!!Ata o ano que ven!!!

Jose Manuel Gonzalez dijo...

O certo e q e ben feo pero antes d mirar no blog o noso picaro (david)xa nos falou del en castelan e en ingles...moito aprnden estes peqenos

Vanessa dijo...

José, xa ves que empregamos moi ben o tempo! Alédame saber que David vos comenta cousiñas do cole e encántanme as portacións e comentarios que facedes ao blog. Gracias.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS