Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

lunes, 14 de octubre de 2013

DONA CARME


Este tapa pertence a o conto titulado Dona Carme de Manuel Bragado e coas ilustracións de Pepe Carreiro. Este texto presentános a Dona Carme, unha velliña que dormía compracida, tanto era así, que non se decataba do que estaba a ocurrir debaixo da súa cama (a cadela ladraba, o gato miaba, o rato chiaba, o gallo cantaba, o avella beaba……..), ata que por fin espertaba. 

Un bo exemplo dunha estrutura acumulativa de fácil memorización polos cativos e de grandes posibilidades dentro da aula. Sobre todo, estanos a permitir: 
  • Avanzar no coñecemento dos animais domésticos.
  • Discriminar auditivamente os sons dos diferentes animais.
  • Reproducir onomatopeias.
  • Descubrir conceptos espacias básicos como arriba e abaixo.
  • Empregar diferentes técnicas plásticas. 
  • Potenciar a capacidade de atención e memoria. 




2 comentarios:

Anabel dijo...

O conto é moi chulo pero as posibilidades que abre son aínda mellores. Parabéns por ese traballos tan bonitos e por esas ovellas tan coloridas.Saudiños.

Vanessa dijo...

Moitas gracias profe. Alédanos saber que segues os nosos pequenos-gran pasos.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS