Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

miércoles, 30 de enero de 2013

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA



Que mellor maneira de conmemorar esta data que cantando, recitando, investigando e comendo. Como podedes imaxinar unha tarde moi, pero que moi completa. 

Agora ben, unha das actividades máis espectaculares, polo menos dende a miña opinión, foi a posta en escea que o alumnado do centro nos ofreceu na actuación conxunta.

Co profe Toño á cabeza interpretaron unha adaptación da poesía "Solo tres letras" de Gloria Fuertes cunha coreografía de percusión con palillos (adaptación dunha proposta de Susa Herrera, profesora de maxisterio de Pontevedra).

Noraboa a todos os implicados, mestres e alumnos. A  verdade e que a pesares da complicación da peza o fixestes xenial. 

martes, 29 de enero de 2013

LIM: NEGROS E BRANCOS


Que non coñecedes o conto Negros e Brancos de David McKee?. 
Pois iso non pode ser, deixámosvos unha actividade LIM proposta por Julia, e recollida do blog de Actividades LIM.


martes, 22 de enero de 2013

QUEN SE ANIMA?

Que sorpresa!, non o podiamos crer, Forcarei madrugou todo nevado, e ás 9:30 aínda nevaba ben forte, polo que tivemos que suspender as clases.   Picariños aproveitade ben o día, abrigádevos ben e animádevos a facer un  gran boneco de neve. 

viernes, 18 de enero de 2013

DONDE NACIÓ GLORIA FUERTES

No noso traballo de investigación sobre Gloria Fuertes descubrimos onde naceu esta  gran poeta. Busca a provincia e escríbea.


jueves, 17 de enero de 2013

SOPA DE LETRAS

Cales son os meses do ano?. Descubre e búscaos na Sopa de Letras: 

ENERO-FEBRERO-MARZO-ABRIL-MAYO




JUNIO- JULIO- AGOSTO- SEPTIEMBRE- OCTUBRE




NOVIEMBRE- DICIEMBRE- ENERO



Parece sinxelo pero non o é. Nalgún caso ofrecemos algunha vista aos nenos e nenas para axudarlles a localizar entre tanta letra o mes correpondente. A pesares disto, hainos moi rápido nesto das sopas de letras. 



miércoles, 16 de enero de 2013

LOS DOCE MESES



La poesía es conocimiento, salvación, poder, abandono. Operación capaz de cambiar el mundo, la actividad poética es revolucionaria por naturaleza; ejercicio espiritual, es un método de liberación interior. La poesía revela este mundo; crea otro. [...]  (Octavio Paz) 


A poesía é unha das mellores ferramentas didácticas que podemos usar nas aulas. Por iso, e da man de Gloria Fuertes explotaremos didácticamente unha das súas poesías "Los doce meses"



Dado que iniciamos un novo ano, o 2013, é natural presentarlle aos cativos e cativos esta secuencia, que terá que sucederse durante os vindeiros doce meses.



Partiremos deste poema para realizar unha secuencia de actividades relacionadas co calendario, cos meses, coas estacións, aniversarios, datas importantes....

A primeira das actividades foi como é evidente foi coñecer o poema de Gloria e escribir o nome dos meses. 



martes, 15 de enero de 2013

DATOS BIOGRÁFICOS


Que mellor maneira de coñecer a Gloria Fuertes que da man duns divertidos personaxes que fixeron que os cativos e cativas prestaran máis atención se cabe a  esta información biográfica coa que traballaremos nestos días. 

INFORMACIÓN SOBRE GLORIA FUERTES

Animation Software - Powered by GoAnimate.

lunes, 14 de enero de 2013

COMO É GLORIA?


Iniciamos este segundo trimestre con moitas gañas de aprender e sobre todo con moita curiosidade por saber sobre Gloria Fuertes.
Dado que estamos inmersos no proyecto Colaborativo Libro Virtual Gloria Fuertes decidimos afondar algo máis na súa figura, e empezamos por coñecer os seus rasgos físicos; e que mellor maneira de coñecela que debuxándoa. Agardamos que sexan do voso agrado. 

jueves, 10 de enero de 2013

QUEBRACABEZAS TEMÁTICOS

Queremos que os picariños xoguen e aprendan, polo que incorporamos diferentes quebracabezas para que se divirtan coa imaxe en fotografía de Gloria Fuertes.


Aquí vos deixamos unhas imaxes dos nosos picariños gozando coa realización destas quebracabezas.



miércoles, 9 de enero de 2013

CARABUÑAS


Tralas vacacións toca ensinar os agasallos e as novidades de Nadal. Pois ben, Alicia presentounos a Carabuñas, un dos contos que se recollía nas recomendacións lectoras para o Nadal que nos ofertaba a nosa biblioteca escolar. 
Canta emoción explicando o que máis lle gustara do conto!. 

Un agasallo de Nadal, Carabuñas from vanessa.arca on Vimeo.

Emoción que todos os picariños asumiron, así que, escoitaron entusiasmados a historia deste simpático bruxo, fixándose en cada un dos detalles que aparecían no conto. 

O libro estivo varios días na aula, e decidimos facer, cada un de nós, a Carabuñas, agardamos que a Margarita del Mazo e a Charlotte Pardi non lles importe.
Aquí vos deixamos os nosos Carabuñas.


martes, 8 de enero de 2013

EMPEZAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE


Tralas vacacións toca voltar á escola. Así que, chegamos case todos fregando nos ollos, con caras de sono, pero con moitas cousas que contar aos compañeiros e compañeiras.
Foi unha mañá de grandes asembleas onde cadaquen contou como vivira estas datas, o que fixera, os agasallos que recibira.... tantas e tantas cousas que contar!!!!. 
Pero, entre estes faladoiros, decatáronse de que na clase tamén había uns agasallos, que será?, que será?. As caras sempre son o espello da alma, pois aí vos quedan.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS