Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

jueves, 28 de febrero de 2013

¿QUEN É QUEN?


Este ano, a través do blog educacontic puidemos coñecer novas ferramentas que nos permitiron incidir na aprendizaxe de vocabulario relacionado co proxecto anual, e como non, mellorar a nosa habilidade e capacidade lectora, e todo iso axudándonos dun gran medio motivador, as  tics. 

Neste caso fixémolo a través deste pequeno cuestionario interactivo, Quiz Revolution, onde podemos relacionar cada dinosauro co seu nome.

QUEN SE ATREVE?


Preme encima para acceder

¿CANTO MIDEN OS DINOSAUROS?



As investigacións non paran, polo que nesta ocasión, utilizamos o noso corredor de infantil para comprobar de xeito vivencial a medida dun T- Rex.

Os libros póñennos diferentes medidas, pero canto é iso?, como de aquí ata onde?. Estas foron moitas das preguntas que nos levaron a tirarnos no chan e comprobar a lonxitude dun dinosauro. E que sorpresa!!!!, o T- Rex, igual que outros moitos son moi longosssss, case como o noso corredor. 




Posteriormente anotamos a medida experimentadas na nosa ficha de rexistro sobre o T- Rex.




martes, 26 de febrero de 2013

PRÁCTICAS LECTORAS (I)


Con esta entrada inauguramos unha nova sección a través da cal lle daremos a oportunidade aos cativos e cativas de poder ollar a súa evolución na lectoescritura, sobre todo no proceso lector. 

Os cativos en moi poucas ocasións se escoitan, por iso, con este novo apartado, queremos darlle a oportunidade de realizar un gran feedback que lle permita mellorar esta habilidade que día a día van adquirindo con gran entusiasmo. 

A primeira en empezar foi Uxía, ollade como se autocorrixe, sendo esta técnica moi importante para mellorar este proceso. Noraboa Uxía polos grandes pasos que estas a dar!!!


PRÁCTICAS LECTORAS from vanessa.arca on Vimeo
.

lunes, 25 de febrero de 2013

CANTAS LAMBONADAS!!!


Carla viña toda emocionada, traia algo especial para poder compartir cos seus compañeiros, que será lle preguntabamos todos, pero non nos contestaba.

Na hora da merenda, Carla colleu a súa fiambreira e...........

GALLETAS!!!!! (gritamos todos)


Pero, ollo, non unhas galletas calquera, senón a mesma receita de galletas que fixeramos nós no mes de xaneiro para festexar o Día da Paz. 

Todos puidemos comprobar a man da experta cociñeira, Carla, e como non a de Mari Carmen, a súa nai. 







jueves, 21 de febrero de 2013

VISITAMOS O MUSEO DO POBO GALEGO


Este curso estamos a participar nun Proxecto Documental Integrado proposto pola biblioteca do cole relacionado cos oficios tradicionais galegos, Laborando en galego, e claro, que mellor forma de coñecer estes traballos que visitar o Museo do Pobo Galego.
Puxemos rumbo a Santiago de Compostela onde se ubica dito museo, e xunto cos compañeiros de Infantil e o primeiro ciclo de primaria pasamos unha mañá moi entretida participando do taller "Xogos Bailados". 
Alí puidemos ver útiles e ferramentas ben antigas, tocar panos e mantelos, cantar cancións de antes, e como non gozar da baixada pola gran escaleira de espiral triple.


miércoles, 20 de febrero de 2013

O TENDAL NAMORADEIRO


Co gallo do Día dos Namorados o 14 de febreiro, a biblioteca do noso colexio quixo que nos convertiramos en costureiras e sastres e escribiramos unha fermosa misiva de amor para un namorado ou namorada. 
Os Picariños non o dubidamos. Collemos lápis e papel e ...... enchemos estas pezas de roupa de fermosas frases/palabras de amor.

Con todas as cartas, Biblo, a mascota da biblioteca creou un gran TENDAL MORADEIRO. 


martes, 19 de febrero de 2013

O NOSO LIBRO DOS BICOS


Non quedamos impasibles ante esta temática, xa que a nós, aos picariños encántannos os bicos laranxas, verdes....., de todas as cores!
Unha vez lido o conto, puxémonos mans á obra e recollemos nunha pequena actividade, realizada por equipos (parellas e tríos), as características principais dos bicos que aparecen no conto de Mamá, ¿de qué color son los besos?. Aludimos á cor, descrición e comparación. 
A maiores, e o que máis nos gustou foi experimentar co noso propio corpo, neste caso pintamos os beizos e agasallamos bicos de cores.
En breve poderedes ver o resultado deste libro, entrementres ollade algunhas instantáneas deste proceso.

lunes, 18 de febrero de 2013

MAMÁ, ¿ DE QUÉ COLOR SON LOS BESOS?


Pero que hai máis fermoso que as mostras de amor?, e se son en forma de fermosos bicos moito mellor!!!. 
Por iso, durante estas semana estivemos a conversar sobre  o amor, os bicos a súa importancia, as cores.... e claro, para todo iso empregamos un conto estupendo que tres picariños, Manuel, Carla e Silvia, xa coñecían, MAMÁ, ¿DE QUÉ COLOR SON LOS BESOS? de Elisenda Queralt ilustrado por Carla Pott e editado por Itsimgical (Imaginarium).

Unha fermosa historia de Pablo, un cativo con moitas inquedanzas e cuestións, sobre todo arredor das cores dos bicos, pero ¿os bicos poden ser de cores?. 

Pois si, descubrimos que hai bicos laranxas, azuis, verdes, vermellos...... tantas cores como o arco da vella; non todos teñen o mesmo significado, se queredes descubrir cal é cal, ollade este video. 





domingo, 17 de febrero de 2013

AGASALLANDO POEMAS

Rocío non quixo perder a ocasión de compartir con nós un fermoso poema que memorizou coa axuda da súa familia. Dende a aula quixemos recoñecer esta labor dedicándolle esta entrada. 
Espero que máis nenos e nenas se animen e poidamos gozar con máis recitados improvisados, dos que esperamos dar boa conta.


Rocío recitános unha poesía from vanessa.arca on Vimeo.

Para todos aqueles que queirades gozar dela na vosa casa, deixámosvos, ademais do video que acabades de escoitar, este  poema-pictograma recollido de El blog de Marybel.


sábado, 16 de febrero de 2013

MARCOS E AS SÚAS ROSQUILLAS


MOITAS GRAZAS!!!!

A familia de Marcos, e como non el mesmo, é sabedor do lambóns que somos nesta casa, así que decidiu darnos unha grata sorpresa e compartir con nós estas riquísimas rosquillas que preparou con Cristina, a súa nai. 
Moitas grazas por este saboroso agasallo!!!


viernes, 15 de febrero de 2013

HISTORIAS CON MOITO AMOR


O amor está presente nas nosas vidas, e moito máis este mes. Sendo esto un feito, quixemos recoller algúns títulos interesantes para conversar cos cativos sobre o amor empregando a plataforma Pinterest.   Seguro que algún deles xa os coñecedes. 

viernes, 8 de febrero de 2013

FESTA DO ENTROIDO

Na mañá de hoxe os picariños, co resto dos compañeiros do cole, festexamos o Entroido. O colexio, cos mestres aos frente, viuse invadido por sacrys, fadas, reis, pallasos, vaqueiros.....  Todos gozamos desta gran entroidada na cal degustamos rosca e chocolate ofertadas polo propio colexio e bailamos cancións tan coñecidas como Unha vaca marela..., soy un taza...... Aquí vos deixamos unhas instátaneas dese día, a que iamos guapos?

video

jueves, 7 de febrero de 2013

DEVORADORES DO ENTROIDO


Nesta tarde chuviosa de febreiro, moi pretiño do tempo de entroido, os alumnos de terceiro de primaria e os picariños quixemos empregar o noso tempo en algo útil: facer e degustar filloas.

A actividade consistiu en fixarse nos ingredientes e anotalos, facer a mestura, bater ben batidiño, pasar pola tixola e...... ummmm que ricas estabas. 

Para tal evento contamos coa valiosísima colaboración das nosas mestras, Anabel e Vanessa, e como non, de Marta, a encargada de virar a nosa filló para que non se queimase. 

Unha gran tarde chea de moita cociña e boa compaña. 

XOVES DE COMPADRES E COMADRES

Desde fai uns tres anos, esta actividade da o pistoletazo de saída da festa do Entroido. A pesares de non ser unha tradición propia da zona, acollémola como nosa, e entre o alumnado ten moita acepción. 

De que se trata?, pois ben, as alumnas do centro deben confeccionar un boneco sinxelo con papeis e cartóns, semellando un neno. Na hora do recreo, os rapaces deben romper esa criatura. E ao seguinte xoves os roles se invirten, sendo os rapaces quenes crean unha boneca que tentarán romper as rapazas.

Esta actividade supón o cambio de roles e a ruptura coas normas que se produce no Entroido, xa que por un días os nenos toman o mando e as nenas teñen que arrebatarllo.






UMMMMM QUE SABOROSAS


Que gran sorpresa!!!. Esta mañá nada máis chegar Silvia sorprendeunos a todos  cunha morea de filloas. Que saibades que estaban moi boas, que case todos os probamos e......para cando a próximoa. Moitas grazas por compartir con nós esta gran sobremesa típica destas datas. 

miércoles, 6 de febrero de 2013

DÍA 3 DA SEMANA DO MECO

Os días van pasando e cada vez aparecen máis complementos do disfrace, por iso queremos deixar constancia de que Os Pícaros de Vane non queremos "ir ao pote" e estamos a cumprir o que nos mando o meco. 



lunes, 4 de febrero de 2013

DÍA 1 DA SEMANA DO MECO

Como xa vos comentaramos estos días estamos a celebrar a Semana do Meco no colexio, polo que cada día temos que levar parte do noso traxe, así ata chegar a venres, cando descubriremos os diferentes disfraces do noso alumnado. 

Os Pícaros xa comezaron a traer cousiñas, a ver se adiviñades de que se poden vestir?. Será de..... ou de.......


A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS