Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

lunes, 25 de marzo de 2013

jueves, 21 de marzo de 2013

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Imaxe Fondos de pantalla: Vladstudio

Hoxe celebramos o Día Mundial da Poesía, proclamado pola UNESCO en París en 1999. A intencionalidade deste festexo, non é outra que promover a diversidade de linguas a través da expresión poética. 
Durante a xornada de hoxe, e tendo en conta esta premisa, a biblioteca escolar do noso cole quixo apoiar a poesía e a tradición oral, propoñéndonos un recital.
Así que.... puxémonos a iso, e durante esta semana preparamos con moitas gañas e algún atranco (enfermidades e ausencia dalgún cativo e cativa) este fermoso poema relacionado coa temática do noso Proxecto Documental Integrado Laborando en Galego. Esta investigación anual pretende un achegamento aos oficios tradicionais galegos.

"Oficio e Beneficio", de Carlos Fontes recoñece a importancia de non esquecer oficios dos nosos devanceiros, neste caso, do bisavó Patricio.
No seguinte video poderedes gozar do fermoso poema na voz dos Picariños.

Se queredes descargar o texto teredes que premer encima da imaxe. 

miércoles, 20 de marzo de 2013

TALLER DE OVOS DE PASCUA


Xa a piques de rematar este trimestre decidimos crear un Taller de plástica e confeccionar un gran ovo de pascua para cada un de nós. Puxémonos mans á obra e elaboramos un fermoso ovo que quixemos compartir coas nosas familias e levalo para  a casa.

Unha vez acabada a parte plástica, pareceunos boa idea aproveitar esta actividade e que cada rapaz crease un pequeno vocabulario con palabras que empezasen pola inicial do seu nome. Para iso,  fomos recollendo palabras entre os profes, os compañeiros e despois pasámolas ao noso ovo.

Que felices estabamos con nosos grandes ovos!!!!



Coma sempre agardecerlle a Marta a súa axuda e ideas. 

miércoles, 13 de marzo de 2013

XA CHEGARON OS CONTOS!!!



Esta mañá Marta trouxo a aula un gran caixa, que será, que será........ nada máis e nada menos que 14 contos de OQO. Agora teremos que ollar, ler, revisar... e todo iso para seleccionar o conto que queremos versionar  a través da nosa curta. 

No seguinte video descubriredes o que pode dar de si unha caixa. Nestas idades todo chama atención, tanto o exterior como o interior do obxecto.


Xa chegaron os contos from vanessa.arca on Vimeo.

Coma sempre agradecer a colaboración de Marta nas diferentes actividades dos picariños. Moitas grazas!.

lunes, 11 de marzo de 2013

PRÁCTICAS LECTORAS (II)

As prácticas lectoras non paran. Seguimos exercitando esta nova habilidade, cada vez con máis soltura e máis desteza.
Nesta ocasión é Silvia quen le "La Araña Miraña"

PRÁCTICAS LECTORAS 2 from vanessa.arca on Vimeo.

martes, 5 de marzo de 2013

NÓS TAMÉN CREAMOS


A Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de resolver e publicar a relación dos 60 centros seleccionados para participar na convocatoria do premio de curtas de animación en gallego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! e o noso centro foi un dos escollidos. Unha grata sorpresa que conleva un gran traballo pola nosa parte. 
Os Picariños teremos que elaborar unha curta relativa cun dos 14 títulos que a editorial OQO nos achegará nas vindeiras semanas. 
Nesta misión, non estaremos sós, contaremos coa axuda da teacher María, o profe de música Toño e a nosa titora, Vanessa. Agardamos poder conducir este proxecto a bo porto. 

Ánimo a todos os participantes e a crear!!!


A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS