Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

domingo, 26 de mayo de 2013

MENÚ SEMANAL



LUNS 27. Sardiñas, tomate e olivas. Albóndigas con arroz. Froita. 

MARTES 28. Melón con xamón. Atún guisado. Xeado. 

MÉRCORES 29. Entremeses. Richada. Froita. 

XOVES 30. Empanada. Fideos con ameixas. Doce.

VENRES 31.  Tortilla de xamón. Polo con patacas. Lácteo. 

* Os menús estarán suxeitos a modificacións dependendo do aprovisionamento por parte dos proveedores.

domingo, 19 de mayo de 2013

MENÚ SEMANAL




MARTES 21.  Ensalada mixta. Bisté con patacas. Froita. 

MÉRCORES 22. Ensalada de pasta. Peixe con tomate. Doce.

XOVES 23. Croquetas. Polbo á feira. Lácteo. 

VENRES 24. Gambas en capa. Espaguete boloñesa. Froita. 

* Os menús estarán suxeitos a modificacións dependendo do aprovisionamento por parte dos proveedores.

miércoles, 15 de mayo de 2013

ENVIAMOS A NOSA CURTA



Os Pícaros acabamos de rematar e mandar a nosa creación a nosa curta: Pilú!, Pilú!.

Aquí rematan unhas semanas de moito traballo, de ilusións, risas, nervos ... pero sobre todo moita pero que moita creación. Durante estos meses os cativos convertíronse en verdadeiros creadores de escenarios, voces, efectos e como non de planos e de movemento.


Un gran proxecto, que se desenvolveu grazas a colaboración de María a profe de inglés,  de Toño, o profe de música, e a axuda incondicional de Anabel e Marta. E como non, non queremos esquecernos de vós familias, xa que os vosos ánimo sempre foron e son tan importantes.  En breve presentaremos a nosa curta, esperando que sexa do agrado de todos e cada un de vós. 

domingo, 12 de mayo de 2013

MENÚ SEMANAL



LUNS 13. Prato combinado. Arroz, lombo e ovo. Froita. 

MARTES 14. Ensalada mixta. Peixe ao forno. Doce.

MÉRCORES  15. Tortilla francesa. Polo con guarnición. Froita. 

XOVES 16. Empanadiñas. Bacallau con allada. Xeado. 


* Os menús estarán suxeitos a modificacións dependendo do aprovisionamento por parte dos proveedores.

viernes, 10 de mayo de 2013

CÓNTASNOS UN CONTO? (TERESA)

Aínda quedan contacontos por vir a nosa aula!!!

Esta semana foi a quenda de Teresa, quen nos deleitou con dous sorprendentes contos. Destacamos un deles, por consideralo un fermoso título.



¿Me perdonas? de Nobert Landa da editorial Pearson Educación/Alhambra trata sobre Oso e Conejo dous grandes amigos que o facían todo xuntos: comer, xogar, contarse contos.... Ata que un bo día un obxecto brillante que atoparon no seu xardín os separou. 



miércoles, 8 de mayo de 2013

TEATRO NOVACAIXAGALICIA

Esta saída é a segunda que facemos neste curso, polo que vos podedes imaxinar as gañas e ilusións dos picariños, non o podían crer!.

Nesta ocasión decidimos achegarnos a Pontevedra, cidade coñecida para eles, para gozar dunha obra de teatro de títeres titulada A caixa da Música desenvolta por Viravoltas Teatro. 

Escoitamos, ben atentos e en primeira fila, a historia de Icía e Salterio, unha nena e mailo seu mono. Están xogando cando, de súpeto, estragan a caixa de música de Calderón, vello músico que toca na praza. Apesarada, Icía buscará o xeito de arranxala topando uns habilidosos personaxes, Ancruso e Arpexio, que lle prestarán "unha gran axuda". 

Un gran espectáculo con música en directo e moi atractivo visualmente dado os xogos de cores e os reflexos que alí puidemos ollar. 

martes, 7 de mayo de 2013

COCIÑAMOS CON TERESA

Compartimos a mañá de hoxe con Teresa, a  nai de Rubén, quen nos ensinou a facer unhas riquísimas bolitas recubertas de chocolate. 

INGREDIENTES: 
  • Madalenas.
  • Chocolate para fundir. 
  • Cóñac
  • Leite
  • Aderezos (guidas, anacos de chocolate...)
MODO DE PREPARACIÓN: 
  1. Desfacemos coas nosas mans as madalenas nun bol. 
  2. Engadimos un chorriño de coñac e de leite.
  3. Apretamos ben a masa.
  4. Collemos pequenos anacos e facemos as bolas.
  5. Despois derretemos o chocolate.
  6. Empapamos a bola de chocolate e a decoramos a noso gusto. 
  7. Metémolas na nevera.
  8. E listas para comer!
Aquí vos deixamos o proceso desenvolto en imaxes. 
By Slide.ly - SlideShow Maker
Moitas grazas Teresa por compartir esta receita con todos nós. Estaban riquísimas!!!!!!

domingo, 5 de mayo de 2013

MENÚ SEMANAL



LUNS 6. Torradas de atún. Patacas, xudías, ovo e chourizo. Froita.

MARTES 7. Espárragos con xamón. Polo con macarróns. Lácteo. 

MÉRCORES 8. Menestra e ovo. Peixe con ensalada. Doce. 

XOVES 9. Ensalada. Churrasco. Queixo.

VENRES 10. Lasaña. Paella. Froita.

* Os menús estarán suxeitos a modificacións dependendo do aprovisionamento por parte dos proveedores.

viernes, 3 de mayo de 2013

ZOQUEANDO: DEBUXOS INICIAIS


Chegou o momento de imaxinar como poden ser esas zocas ou zocos? son o mesmo?. Como comprobaredes nos nosos debuxos, cadaquen ten a súa visión sobre esta cuestión. 

jueves, 2 de mayo de 2013

PILÚ, PILÚ



Os crocodilos, son animais que a priori podemos considerar feos, temorosos e moi perigosos, agora ben non todos son así. Grazas a lectura de Pilú!, Pilú! coñecemos un crocodilo cunha gran dor de moas, que precisará da axuda dun simple paxariño para superar esa pena. Esta situación fará que estes dous animais creen vínculos de amizade que perdurarán no tempo.



Trala fermosa lectura quixemos retratar aos seus protagonistas, ollade as nosas ilustracións. 

miércoles, 1 de mayo de 2013

ZOQUEANDO: XOGAMOS?

Para acceder preme encima desta imaxe

De novo utilizamos esta ferramenta, Quiz Revolution. Nesta ocasión e tal como comentamos nunha entrada anterior arredor da figura dos zoqueiros, oficio tradicional galego no cal estamos investigar (formando parte do Proxecto Documental Integrado proposto pola biblioteca). 

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS