Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

viernes, 27 de septiembre de 2013

OS PRIMEIROS DÍAS



Xa vai alá o mes de Setembro e os Picariños cada día amosámonos máis confiados e seguros de nós mesmos. Estamos a gozar da escola e de todas as posibilidades que esta nos ofrece. 

A xornada escolar comeza na nosa aula, a terceira porta azul, cantas confusións, sempre entramos na que non é, que despistados somos! 

A clase ten moitas cousiñas que nos gustan, os contos (Dona Carme, Carabuñas e Cocorico son algúns deles), as pezas, os coches a plasti.... agora ben cando toca recoller.... iso é outro cantar. 

Un dos nosos lugares favoritos é o areeiro, a pesares de non ser de luxo o pasamos de medo, imaxinando e creando grandes castelos con pasadizos, túneles......

A verdade e que este mes foi moi intenso. Tivemos moi bos momentos, pero ás veces flaqueamos e lembrámonos das nosas familias, do que estarán a facer, de que nos gustarían que estiveran aquí....... 

Aínda nos estamos a coñecer, tanto entre nós coma  aos mestres, aínda non sabemos os nomes de todos, son tantos, pero dádenos tempo, xa que en breve, se xa non o fixemos, contarémonos as grandes aventuras que suceden día a día dentro da nosa escola. 

Como resumo deste primeiro mes de escola, preparamos esta presentación de fotografías coa que pretendemos que as novas familias poidades entrar á aula, a cotidianeidade da mesma e vexades que os vosos fillos e fillas xa son maiores (frase moi repetida polos picariños)

Agardamos impacientes as vosas primeiras impresións ao respecto. 

miércoles, 11 de septiembre de 2013

VOLTAMOS DE NOVO


Os Pícaros están de regreso!!!

Despois de dous meses sen novas chegamos cargados de ideas para poñer en práctica e moitas pero que moitas gañas e ilusións. 

Iniciaremos este curso cunha fermosa obra de Julia Minguillón  "A Escola de Doloriñas" onde se retrata unha tradicional escola rural onde podemos ollar a mestra rodeada dos seus alumnos/as. 

Sacada de artistasdelatierra.com 


A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS