Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

miércoles, 30 de octubre de 2013

SAMAIN/ HALLOWEEN



Por fin, xa chegou a festa das cabazas, do calacús, o Samaín ou do Halloween; unha festa onde as pantasmas, os monstros e as bruxas están moi, pero que moi presentes. 

Para celebrar esta data comemos unha saborosa rosca (agasallo da "teacher" por participar coa elaboración das cabazas), cantamos cancións (O Morcego de Mamá Cabra do libro Animales Encantadores) e fíxose entrega dos premios as cabazas máis orixinais. 







video
(engadimos un anaquiño da canción O Morcego)

Os Picariños tivemos moita sorte, e acadamos un terceiro premio da man dunha divertida casiña onde viven tres rosados personaxes, os tres porquiños, e un lobo famento. 

Noraboa a Alberto e a súa familia por esta creación.


lunes, 28 de octubre de 2013

GRANDES CABAZAS, GRANDES ARTISTAS












Os Picariños comezamos a traer as cabazas que, con tanto traballo e esmero fixemos coa axuda das nosas familias para ó concurso organizado pola "teacher". Agardamos sexan do voso agrado, e como non, do  gusto do gran xurado (equipo de cociña). 

sábado, 26 de octubre de 2013

CHEGAN OS MONSTROS


Xa chega o Samaín e con el o tempo dos esqueletes, pantasmas, cabazas, os monstros…. e como non dos medos.

A editorial Emberly preséntanos dous grandes ollos amarelos, unha longa nariz verde-azulada, unha horrible boca vermella con afiados dentes brancos…… e moitos máis elementos que conforman a cara deste horrible monstro verde que pretende asustarnos sen moito éxito. 




Co libro que aquí vos comentamos, FUERA DE AQUÍ HORRIBE MONSTRUO VERDE,  puidemos traballar o medo cos picariños de tres anos. Unha sinxela narración que se converte nunha perfecta ferramenta para  sacar os medos e dormir totalmente tranquilos. Para iso só precisamos unhas palabras máxicas: ¡FUERA DE AQUÍ! ou GO AWAY! (xa que este libro o atopamos nos dous idiomas: castelán e inglés, e os picariños tamén o traballaron coa "teacher" María). 

A maiores e para seguir incidindo nas partes da cara, cada neno e nena compuxo o seu Monstro Verde. Para iso tivemos que iniciarnos na técnica do picado, algo laborioso a estas idades, a pesares disto quedamos moi contentos co noso traballo. Atópase exposto no corredor de infantil, para que mestres, compañeiros e familias poidan ollalos. 















Deixamos algunhas imaxes dos nosos monstros colocados no corredor de infantil.


viernes, 25 de octubre de 2013

PRESENTÁMONOS IV













Que impacientes estaban estos picariños! Xa levaban varios días falando das súas sorpresas, das súas presentacións e por fin puidemos ollalas. Un fermoso traballo cargado de imaxes, debuxos e sobre todo ilusións. 

martes, 22 de octubre de 2013

CABAZA, CABACIÑA



Chegou o tempo das cabazas, e na nosa aula non queremos esquecernos delas, polo que cada cativo e cativa decidiu pintar co pincel a sú cabaza, para poñer no noso mural colectivo. Para ser a primeira vez que usabamos este útil non nos quedou nada mal. 

domingo, 20 de octubre de 2013

PRESENTÁMONOS III


Mateo, David, Brais e Clara chegaron moi contentos esta semana á escola, xa que entre as súas mans traían unha gran "sorpresa".

Levaban agardando un montón de días, e por fin, xa estaba aquí a súa Presentación.

Ollade ben para esas caras cheas de ilusións e gañas de contar, e como non, tamén para os compañeiros quenes amosaron moitas ansias de escoitar e poder coñecer algo máis aos seus amigos/as.  

viernes, 18 de octubre de 2013

DONA CARME NO KAMISHIBAI



O Kamishibai é popular do Japón e significa "Teatro de Papel". Esta forma de contar contos, popular nesta zona asiática suele aproveitarse para facer que os cativos e cativas gocen das lectura dunha forma orixinal e creativa. 

Para poder crealo, normalmente debemos confeccionar un conxunto de láminas que teñen un debuxo nunha cara e o texto noutra, polo que se precisa dun presentador ou intérprete. A lectura do Kamishibai realízase colocando as láminas en orde sobre o teatrillo de tres portas denominado "butai" de cara o auditorio e movendo as láminas unha tras outras mentras se le o texto. 

Nos decidimos facer unha sinxela adaptación ao nivel de Educación Infantil, neste caso de tres anos, polo que empregamos unha viñeta a través da cal contar a historia. Neste caso David foi o noso intérprete. Aquí deixamos unhas instantáneas desta fermosa presentación. 






A través dos Amigos del Kamishibai atoparedes más información, documentos para descargar e incluso experiencias de aula.

miércoles, 16 de octubre de 2013

PRESENTÁMONOS II


Seguen a chegar novas presentacións, nesta ocasión da man de Ainoa, Dunia e Valeria, quenes nos presentaron aos membros da súa familia os seus gustos e aficcións. 













lunes, 14 de octubre de 2013

DONA CARME


Este tapa pertence a o conto titulado Dona Carme de Manuel Bragado e coas ilustracións de Pepe Carreiro. Este texto presentános a Dona Carme, unha velliña que dormía compracida, tanto era así, que non se decataba do que estaba a ocurrir debaixo da súa cama (a cadela ladraba, o gato miaba, o rato chiaba, o gallo cantaba, o avella beaba……..), ata que por fin espertaba. 

Un bo exemplo dunha estrutura acumulativa de fácil memorización polos cativos e de grandes posibilidades dentro da aula. Sobre todo, estanos a permitir: 
  • Avanzar no coñecemento dos animais domésticos.
  • Discriminar auditivamente os sons dos diferentes animais.
  • Reproducir onomatopeias.
  • Descubrir conceptos espacias básicos como arriba e abaixo.
  • Empregar diferentes técnicas plásticas. 
  • Potenciar a capacidade de atención e memoria. 




viernes, 11 de octubre de 2013

RECURSOS PARA O SAMAÍN

Durante este mes de Outubro celebraremos nas nosas aulas unha das festas que máis interese espera nos cativos, o Halloween ou Samaín. Por iso, decidimos  recoller as actividades e os xogos que estamos a empregar nas nosas aulas. Para poder acceder a eles teredes que premer encima dese simpático zapato. Esperamos que sexan do voso agrado. 

jueves, 10 de octubre de 2013

UNHA GRATA VISITA

Os nosos compañeiros de  primeiro, os anteriores picariños, voltaron a aula de infantil para presentarnos unha canción fermosa sobre o conto A que sabe a lúa? (poderedes velo no noso apartado de Contos Mimados, na parte superior)

Estiveron preparando con grande entusiamo esta canción e esta representación tan divertida. Moitas gracias aos artistas e a súa directora,  a mestra María José. 


lunes, 7 de octubre de 2013

PRESENTÁMONOS

Presentámonos é unha actividade na que cada familia nos presenta aos novos picariños a través de imaxes e recortes. 

Para a súa realización entregamos no mes de setembro unha cartolina baleira a espera de creacións das familias. Pois ben, xa están aquí as primeiras, e temos que dicir que estamos moi sorprendidos, canto artista!. Agardamos que este sexa o inicio de moitas  e futuras colaboracións. 

Para ir abrindo a boca deixamos unhas imaxes de Xiana, a primeira picariña en traer a súa "Sopresa" (como lle chaman eles). Mirade a súa cara, reflexo de gozar desta primeira presentación.  








A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS