Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

martes, 28 de enero de 2014

EMPEZAMOS COA MOCHILA VIAXEIRA



Dende o Equipo de Biblioteca, un ano máis, voltaron a preparar unha das actividades que máis expectación levanta: A Mochila Viaxeira. A través desta pretendemos  achegar aos fogares dos nosos cativos e cativas unha boa selección de contos adaptados a súa idade; porque pensade que é preciso crear contextos lectores, e para iso é fundamental poder contar con literatura de calidade nas nosas casas. Pero non só atoparedes literatura, senón que a música, as películas e a creatividade teñen cabida neste gran caixón.

Algunhas das lecturas e películas incluidas


Por este motivo dende a aula de tres anos quixemos propoñervos un reto; queremos que creedes coa axuda dos vosos pequenos e pequenas unha cara, pero non calquera, xa que coas ideas do libro “Hoy tengo buena cara” ben seguro que vos sairán unhas grandes caras que degustaredes entre todos.

Algúns exemplos

2 comentarios:

Anabel dijo...

Estou desexando ver esas cariñas tan preciosas que ides crear, familias. Ánimo, soa divertido!!!

Vanessa dijo...

Pronto chegarán as primeiras, e de seguro será un bo traballo creativo.

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS