Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

martes, 29 de abril de 2014

O XORNAL NA AULA


Chegados a este punto do curso, decidimos coñecer outro tipo de textos e as súas propiedades, polo que incluimos nas nosas dinámicas semanais o traballo coa prensa. Empregar a prensa na aula supón dispoñer dun recurso máis que lles axudará nos procesos de aprendizaxe de lectoescritura. 

A prensa é un recurso de gran valor didáctico en canto que lle permite acceder ao mundo dos adultos, e ao mesmo tempo proporciónalle imaxes, pictogramas, anagramas, logotios que forman parte do seu mundo. 

O noso traballo basearase en acadar os seguintes obxectivos: 

- Aplicar a coordinación visomanual precisa para manexar e explorar obxectos cunha determinada precisión. 

- Observar  sucesos e acontecimientos do contorno dos nenos e das nenas. 

- Diferenciar as características propias do xornal.  


- Ler, interpretar e producir imaxes como forma de comunicación. 



2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ufff, creo que tiñades que crear o voso propio xornal porque o que pon nestes é como para non ter ganas de aprender a ler nunca.
Salvo por iso é un bonito traballo

Vanessa dijo...

Todo se andará, polo momento ollar, manipular e recoñecer o nome do mesmo xa é todo un logro!!!

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS