Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

viernes, 31 de enero de 2014

CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Mateo e Valeria asinan na pomba da Paz

Esta semana festexamos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Para que o alumnado comprenda  a súa importancia dentro do noso contexto empregamos diferentes actividades, entre outras destacar a elaboración dun Abecedario Internacional da Paz (actividade promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca). 

Hoxe, é como actividade final, gozamos dunha xornada completa de actividades revindicativas en pro dun mundo mellor: reparto de bicos de cores polos alumnos de 3 anos, lectura do conto "Por cuatro esquinitas de nada" , alumnos de 3º, recitado dos alumnos de 4 e 5 anos, actuación dos nenos e nenas de 4º dunha peza titulada "What a wonderful World" , entre todos cantámoslle (Que vivan a paz e o amor) e firmamos pola Paz. 

Para que poidades ollar o que fixemos, e o ben que cantamos, recomendámosvos visitedes o blog da biblioteca e o de Normalización Lingüística




martes, 28 de enero de 2014

EMPEZAMOS COA MOCHILA VIAXEIRA



Dende o Equipo de Biblioteca, un ano máis, voltaron a preparar unha das actividades que máis expectación levanta: A Mochila Viaxeira. A través desta pretendemos  achegar aos fogares dos nosos cativos e cativas unha boa selección de contos adaptados a súa idade; porque pensade que é preciso crear contextos lectores, e para iso é fundamental poder contar con literatura de calidade nas nosas casas. Pero non só atoparedes literatura, senón que a música, as películas e a creatividade teñen cabida neste gran caixón.

Algunhas das lecturas e películas incluidas


Por este motivo dende a aula de tres anos quixemos propoñervos un reto; queremos que creedes coa axuda dos vosos pequenos e pequenas unha cara, pero non calquera, xa que coas ideas do libro “Hoy tengo buena cara” ben seguro que vos sairán unhas grandes caras que degustaredes entre todos.

Algúns exemplos

martes, 21 de enero de 2014

PARABÉNS AINOA

Unha deliciosa torta
Empezamos o ano e con el chegan os primeiros aniversarios. Nesta ocasión é a quenda de Ainoa, quen cumpre 4 anos. 


PARABÉNS AINOA!!!





lunes, 20 de enero de 2014

PLAN CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLAS

Un ano máis ao noso centro se lle concede a axuda de Plan de Consumo de Froita nas Escolas dende o cal se favorece o consumo de froita de temporada entre os alumnos e alumnas de infantil e primaria.  Durante esta semana degustaremos plátanos, laranxas, mandarinas, uvas… entre outras. Como podedes ver os Picariños non teñen ningún problema en probar unha saborosa laranxa.

martes, 14 de enero de 2014

RUTINA: OS DÍAS DA SEMANA

Alberto facendo as rutinas diarias

Durante este segundo trimestre achegámonos ao coñecemento dos días da semana gracias a axuda dun simpático lobo que cada día quere cambiar de cor, así vai probando coa cor verde, vermella, rosa, azul, laranxa, marrón e multicolor, ata que se decata que o que máis lle gusta é o que ten, o negro. 

Se queredes descargar este material (formato editable) so teredes que premer na aquí.

lunes, 13 de enero de 2014

PICOTÍ, PICOTA…...


De volta na escola tras este período vacacional seguimos coa Hora do Conto ou Hora de Ler, momento do día no cal gozamos de fermosas historias. Nesta ocasión coñecementos a Cocorico, un pequeño pitiño que Picotí, picotá… rematou todo o biscoito que fixera coa súa nai, sen lembrarse do trato que aceptara con Gato Pelado. 


Pero isto non é todo, descubrimos que podemos contar e cantar.

viernes, 10 de enero de 2014

EN QUE MES NOS ATOPAMOS?

Para descargar premede aquí (formato editable)

Empezamos ano, e con el unha nova rutina, a do calendario. Deste xeito tentaremos achegarnos ao mundo matemático marcando diariamente o día no que nos atopamos  e tamén a climatoloxía propia do mesmo. 

jueves, 9 de enero de 2014

AGASALLOS PARA TODOS


Tal e como xa anunciaramos a través das redes sociais, as Súas Maxestades de Oriente foron as primeiras que quixeron sorprendernos neste primeiro día de clase do 2014. 
Como non podía ser doutro xeito, e dado que coñecen do gusto que nos temos por eles, decidiron agasallarnos cunhas boas lecturas coas que de seguro viaxaremos polo mundo da fantasía. A maiores, e como tamén nos viron moi festeiros deixáronnos uns cotillóns. 



viernes, 3 de enero de 2014

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

As Súas Maxestades de Oriente están a piques de chegar, así que non esquezades incluír un libro na vosa carta. 

Se precisades unha orientación non dubidedes en ollar as recomendacións lectoras que, dende o equipo de biblioteca, de normalización e dinamización lingüística, nos propoñen. 

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS