Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

jueves, 27 de febrero de 2014

UNHA TARDE DE FILLOAS

Que mellor maneira de rematar esta semana de Entroido que comendo unhas saborosas filloas recheas de chocolate, mermelada ou azucre cos nosos compañeiros de 4º de Educación Primaria e a súa mestra Anabel.

Para recordar esta saborosa actividade a profe Anabel preparou unha presentación con fermosas instantáneas da gran Tarde Filloeira. Moitas grazas profe, encántanos esta presentación e encantáronnos as filloas que fixeron os teus alumnos. 


martes, 25 de febrero de 2014

DÍA DE ROSALÍA


Composición creada por alumn@s de 3 anos

Ademais da actividade colaborativa cos alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria, os Picariños quixemos coñecer algo máis de cerca a figura de Rosalía de Castro, por iso decidimos ler diferentes versos da autora, crear o seu retrato ao estilo Andy Warhol e  compoñer e escribir o seu nome. 



Unha semana intensa chea de fermosas instantáneas como as que a profe Anabel recolleu no seu blog O Recuncho das fadas.

Que ben o pasamos grazas a Rosalía!

lunes, 24 de febrero de 2014

VOLVE ROSALÍA!!!


Un 24 de febreiro do 1837 nacía en Santiago de Compostela, Rosalía de Castro, unha das figuras claves na literatura e a historia de Galicia. Despois de 177 anos VOLVE ROSALÍA. 

Hoxe 24 de febreiro os alumnos e alumnas de Educación infantil de 3 anos e os de 4º de Educación Primaria quixemos sumarnos a iniciativa proposta pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) recordando a figura de Rosalía de Castro. 

Para esta ocasión escollemos un poema pertencente a obra Cantares Gallegos (1863), unha das máis  coñecidas: Adíos ríos, adiós fontesCon este recitado colectivo pretedemos visibilizar tanto dentro como fóra das aulas os versos de Rosalía de Castro.


A maiores, e por todo o traballo realizado durante estos días, todos levamos un fermoso agasallo: unha flor e unha instantánea, un bo recordó dunha boa actividades colaborativa. 




Os Picariños queremos agradecerlle aos alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria e a súa mestra Anabel a colaboración e cooperación para a realización desta actividade. Unha gran experiencia!!! 

martes, 18 de febrero de 2014

UN XESTO POR UN SENTIMENTO



Este foi o título escollido nun dos xornais da zona  para recoller as actividades realizadas co gallo da celebración do Día dos Namorados. 

A través de dúas breves crónicas, tanto La Voz de Galicia como o Faro de Vigo fixéronse eco do noso Taller Amoroso. 


lunes, 17 de febrero de 2014

CELEBRAMOS SAN VALENTÍN NA COCIÑA

Alumnado de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos)

Os Picariños descubrimos unha nova maneira de festexar o amor: COCIÑANDO. Durante a mañá do pasado Venres 14 de Febreiro gozamos xuntos cos compañeiros de 4 e 5 anos e da profe Cruz dun Amoroso Taller de cociña no cal tivemos a oportunidade de crear unha palmerita/corazón para compartir cos que mais queremos: as nosas familias. Como non podía ser doutro xeito vestímonos para a ocasión de chefs con mandil e un gorro (idea da profe Cruz).
Agradecer ao persoal de cociña (Luísa, Marisé e María) o bo facer que teñen sempre con nós.

domingo, 9 de febrero de 2014

BESOS, BESOS

Fotografía sacada pola profe Anabel (grazas)

Esta semana participamos do segundo ciclo de lecturas temáticas actividade promovida dende o Equipo de Biblioteca. O eixe temático foi o amor e a paz. 

Os cativos de tres anos puxémonos mans á obra. Decidimos buscar algo breve e acompañalo con xestos. Nesa procura atopamos un fermoso poema sobre os bicos "Besos" de Cecilia Sabattini. Agardamos que tamén sexa do voso agrado. 


sábado, 1 de febrero de 2014

XA CHEGOU FEBREIRO

Para descargar premede aquí (formato editable)

Xa está aquí febreiro, e con el o calendario deste mes. 

A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS