Benvidos!!!

Ola amiguiños, benvidos ao noso blog, a partires deste momento compartiremos as nosas historias e todo o que acontece na nosa aula con vós, deixádesnos?

viernes, 21 de marzo de 2014

CHEGAN AS AMORODEIRAS


Coa chegada da primavera e do bo tempo os cativos e cativas xogan coa area e coa terra, e que ben o pasan!, por todo iso decimos aproveitar este interese e coñecer un chisco máis a natureza, e o máis importante, descubrir de primeira man a importancia das plantas e os coidados que estas precisan. 

Por todo isto, todos os nenos e nenas de infantil decidimos crear un pequeno horto e comezar a producción cunhas plantas miúdas, que se todo nos sae ben nos darán un saboroso froito: AS AMORODEIRAS (a planta da fresa). 

miércoles, 19 de marzo de 2014

UN CORAZÓN CHEO DE PAPÁS


Os proxenitores son moi importantes para nós alumnos e alumnas de 3 anos, agora ben, hoxe 19 de Marzo quixemos facer unha mención especial aos noso "papis"Con eles vivimos bos momentos,  rimos, choramos, comemos, festexamos, xogamos, saltamos, bicamos….. e moitas cousas máis!

Durante esta semana recollemos nunha listaxe os nomes de todos os papás, porque os nosos papás non se chaman "papá", non, teñen nome e apelidos ,  e coinciden cos nosos, que sopresa!

Por todo sito  quixemos recoller os vosos nomes nun gran corazón que fixemos durante esta semana empregando ordenador portátil da clase, ufff semella doado, pero…. se premes demasiado aparecen  moitas letras, algunha  non aparecía, tiñamos que prestar moita atención, as letras son tan parecidas …., solventados estos pequenos contratempos aquí tendes o resultado. 






Para vós,Manuel Bértolo, Germán, Toño, Javier, Fernando, José Manuel, Jorge, José Manuel, Manuel Otero, Pepe (o mecánico), Pablo, Alex, Aitor, Juan e Suso.



Para os máis curiosos comentar que a realización deste corazón foi a través da aplicación Text Layout que descubrín a través do blog de El vuelo de las mariposas

viernes, 7 de marzo de 2014

PARABÉNS VALERIA


O tempo pasa e os Picariños comezan a ser maiores. Hoxe tocoulle o turno a Valeria, que a pesares de festexalo no día de mañá quixo compartir con nós esta xigantesca torta. 


PARABÉNS VALERIA!!!!





jueves, 6 de marzo de 2014

PARABÉNS ALBERTO



De novo preparámonos para festexar o aniversario dun picariño, Alberto, por iso preparamos a mesa e….. a papar a rica torta!
PARABÉNS ALBERTO!!!!







A RECETA DO DÍA

Escribide aquí os vosos comentarios

Visítannos dende...

SE NALGÚN MOMENTO VULNERAMOS A PROPIEDADE INTELECTUAL OU OS DEREITOS DE AUTOR, POR FAVOR, COMUNICÁDENELO E QUITAREMOS A ENTRADA CANTO ANTES. MOITAS GRAZAS